Un gran número de comuneiros asistían o venres 17 de xuño á Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo de Santa María e Santiago de Viveiro.
Carlos Méndez abría a asemblea dedicándolle unhas afectivas palabras a Manuel Soto recentemente falecido e lembrando o seu labor desinteresado á fronte da Comunidade de Montes, seguidamente procedeuse por parte da secretaria, Marisa Rey, á apertura da Asemblea, seguindo a orde do día establecido.
Entre os puntos da orde do día máis destacados figuraba a elección do novo Presidente da Comunidade, por falecemento de Manuel Soto Pena que desempeñou este labor durante o últimos vinte anos.
A Xunta Rectora cunha composición de consenso, propuxo á Asemblea Xeral a Carlos Méndez Fernández, para facerse cargo da Presidencia da Comunidade de Montes San Roque, que ata a data levaba a Tesourería da Comunidade e que vén formando parte das diferentes Xuntas Rectoras dende o ano 1995.
A Asemblea Xeral ratificou por unanimidade de todos os presentes e os debidamente representados a Carlos Méndez no cargo de Presidente, así mesmo tamén deu o visto e prace á reorganización de cargos proposta pola Xunta Rectora, unha vez que a tesourería quedou vacante.
O recentemente elixido Presidente agradeceu aos membros da Xunta Rectora a súa predisposición ao consenso en prol dun obxectivo común plantexandose como reto o manter o listón no que se refire ao traballo e dedicación que deixo o seu predecesor Manuel Soto, así mesmo agradeceu á Asemblea Xeral o apoio recibido e pediu a colaboración de todos os que forman a Comunidade para que esta siga sendo un referente na Mariña Luguesa, polo atractivo turístico que xenera a súa área recreativa, o seu parque de animais en catividade e sobre todo o seu miradoiro, ao cal definiu como un Balcón ao Cantábrico.
Outros puntos da orde do día que se someteron a aprobación da asemblea e esta aprobounos por unanimidade foron:
O informe económico, balance de conta e resultados exercicio 2015, que fue aprobado por unanimidade, asi como o orzamento para o exercicio 2016.
Informe de actividades levadas a cabo no exercicio 2015 e liñas de actuación para o 2016, seguimento do Plan de Ordenación do Monte, donde se fixo fincapé na actuación que se pretende levar a cabo referente a repoboación de 32 hectareas con eucalipto e pino, dependendo das zoas a rexenerar, rematando a Asemblea con Rogos e Preguntas, na que se propuxo facerlle un homenaxe póstumo a o falecido Manuel Soto.
A asemblea pechaba cunha ovación para o novo Presidente e a súa Xunta Rectora.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



