12 de xuño de 2016.- En Marea presentou, na tarde do domingo na Casa da Cultura de San Cibrao, a algúns dos membros da lista ás Cortes pola provincia de Lugo. Neste acto reuníronse membros das candidaturas ao Congreso e ao Senado e dialogaron con arredor de 25 veciñas e veciños.
Miguel Anxo Fernán Vello, candidato nº1 ao Congreso, apuntou que: “desta gran marea galega, e esta alianza en forma de unidade popular, están pendentes en todo o Estado e no conxunto de Europa. Precisamos un novo Estado: un Estado Social fronte aos sectores financieiros e amos e señores de sempre sigan impoñendo aos pobos unhas políticas contra os seus intereses. De Nunca Máis, ao 15M e a AGE e ás mareas municipais houbo xa unha búsqueda dun traballo político cooperativo. A corrupción, que chegou ao cerne do sistema, coma a Monarquía (ata lle fixeron dimitir ao capo, o anterior Rei), supuxo en nós alarma e reactivación da conciencia política nas mulleres e homes libres. O día 26 de Xuño lograremos darlle unha resposta democrática contundente a esta podredume institucionalizada que provoca emigración, desesperación na propia terra e moita indignación. Medio millón de persoas viven en Galiza en situación de exclusión social. Coma en Grecia, máis de 300 persoas optan pola vía do suicidio ante a falla de horizontes, sendo a provincia de Lugo unha das zonas máis afectadas en Europa. Para esta zona, entre outras cousas, facemos nosas as reivindicación do Comité de Empresa de Alcoa e as reivindicacións dunhas estradas e infraestruturas dignas e de calidade para o futuro económico da Mariña”
Participaron tamén do acto Carme Granxeiro, Luis Daporta e Sol Carcur, candidata e canditado ao Senado e candidata numero 4 ao Congreso, respectivamente.
Carme Granxeiro introduciu a idea de que é unha “vergoña que representa, por exemplo, que centos de miles de persoas coma meu irmán non poidan votar desde o exterior. O voto rogado é unha deturpación da democracia. Outra cousa que debemos atender, á parte dos gravísimos problemas sociais, é o asunto do recurte en liberdades, como a Lei Mordaza. Tamén queremos que se considere á violencia cuestión de estado, e precisamos políticas públicas que atendan a estas cuestións de maneira primordial”
Luis Daporta: “A historia da nosa saúde pública é a historia dun roubo sistemático e organizado: coa desculpa dos recortes comezaron a crear hospitais privados que acabaron saíndo carísimos. Fan negocio coa nosa saúde. Pasamos dun sistema público con dereitos a un sistema de caridade
Sol Carcur: “a min móveme a idea de optar por un dos dous modelos que están en xogo en Europa: ou o poder dos mercados, ou o poder público que garante dereitos. Ou o avance do fascismo, ou a democracia. Para nós, para as migrantes, para as refuxiadas. Para todas as persoas traballadoras”
Na conversa aberta coa veciñanza sairon á palestra problemáticas propias e específicas da zona da Mariña asi como tamén a posibilidade que se abre cara ao futuro das eleccións autonómicas a preservación e fortalecemento dos espazos de unidade popular pola base. Tamén saíu moito na conversa coa veciñanza de San Cibrao a problemática da Saúde Pública.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



