Burela, 20 de xuño de 2016.- As brasileiras Daniela Domingos Lopes e Joziane de Oliveira seguirán vestindo de laranxa. O CD Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo coa pivote Dany por dúas tempadas e coa meta Jozi por unha. Nos vindeiros días, a entidade mariñá formalizará oficialmente a garantía do toque goleador e a solidez baixo os paus neste tándem.
Na súa aposta pola continuidade do proxecto, a directiva está achegando posturas co bloque campión de Liga 2015-16 e Supercopa de España 2015, para 2016-17.