A exposición “Paseando por las emociones luminosas” de Ramón de Pérez García xa pode visitar na OMIC de Ribadeo dende este luns 13 de xuño.
Esta mostra fotográfica está inspirada nas primeiras emocións que nacían dentro do autor ao camiñar baixo a luz da lúa, brillante, e capaz de crear sensacións tan íntimas.
Comparte tamén as emocións que o astro lunar inspira na poeta Julia Rodríguez a través de fermosas composicións cheas de sensacións.
Tamén se inclúe unha pequena mostra do que suxiren as emocións luxuriosas, que formará parte do próximo traballo de Ramón de Pérez García.
Haberá oportunidade de visitar a exposición fotográfica até o 29 deste mes no horario habitual da OMIC.