Barreiros, 21 de xuño de 2016.- Os alumnos e profesoras do Ceip San Cosme de Barreiros prepararon un festival cargado de emoción e entretemento para delicia dos seus pais. Primeiro puxeron en escena a obra El libro de la Selva, logo cantaron canciones en castelán, galego e inglés, representaron pequenas pezas teatrais e un número da película Grease. O colofón do acto chegou da man da canción Marea de Gente (de Macaco), que interpretaron con linguaxe de signos.
A fiesta foi organizada polo equipo docente, que se volcou con ilusión na montaxe e ensaio dos números.
Aos estudantes aínda lles queda por disfrutar a xornada deste mércores, para a que as profesoras prepararon algunhas sorpresas pasadas por auga….





















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



