Bruxelas, 21 de xuño de 2016.- O comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Unión Europea e ex ministro de Agricultura do Estado Español, Miguel Arias Cañete(Partido Popular), compareceu este martes na Comision de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, celebrada en Bruxelas, para non aclarar nin concretar “absolutamente nada” ao respecto do informe no que está traballando a Comisión, que pretende presentar este verán, e que fixará osobxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro para 2030 nos sectores nos que non se aplica o Réxime Comunitario de Comercio de Dereitos de Emisión (RCCDE) -sector agrario, sector do transporte rodado e edificación-. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusou a Árias Cañete de “limitarse a dicir xeralidades” e de non aclarar que medidas se van poñer en marcha para reducir as emisións.
“Tendo claro que o sector agrario pode contribuir dunha forma moi importante na redución de emisións, gustaríame saber que papel se lle vai dar nos obxectivos cara ao 2030 á agroecoloxía e ao comercio de proximidade dos alimentos; e tamén, concretamente, como pensan reducir o comercio de alimentos básicos arredor do mundo provocado polos acordos comerciais vixentes e polos que están en negociación”, en referencia ao CETA e ao TTIP, dixo Lídia Senra directamente ao comezo da súa intervención na Comisión hoxe pola mañá en Bruxelas.
A eurodeputada de AGEe intentou que se puxeran enriba da mesa vías de solución concretas para a redución de emisións contaminantes no ámbito agrario e preguntoulle tamén a Cañete, “tendo en conta que outra fonte importante de emisións son as importacións da alimentación animal, que pensa facer para potenciar a produción desta alimentación animal en Europa”, e poñer límite ás continuas importacións.
Na súa intervención, Senra tamén fixo referencia a que no ano 2014, o 45% do aceite de palma usado en Europa foi destinado para combustibles. No Estado Español, o 70% do chamado “biodiesel” fabricouse a partir do aceite de palma que xera tres veces máis emisións que o diesel convencional. “Que pensan facer con respecto a este problema concretamente, para reducir emisións no transporte?”, preguntou a eurodeputada.
Sen embargo, ningunha destas preguntas foron respostadas por Cañete na súa comparecencia de hoxe, unha comparecencia que, ademais, a pesar de que estaba anunciado que se retransmitiría en directo por vídeo, non puido ser seguida como normalmente se pode facer a través da web do Parlamento Europeo. Ante tal situación, Lídia Senra realizará novamente estas preguntas, pero desta volta farao por escrito, dentro do cupo de cinco preguntas mensuais que a eurodeputada pode realizar por escrito á Comisión Europea, co obxectivo de que, desta maneira si lle teñan que contestar e non poida eludir as preguntas.
Lídia Senra quixo onte volver amosar unha vez máis as súas dúbidas sobre os intereses que pode haber detrás das decisións que adopta Arias Cañete en calquera dos ámbitos nos que traballa. Como xa denunciara hai meses, a eurodeputada repetiu: “Que a ninguén se lle escape que o Comisario de Enerxía da UE é un individuo que mantén intereses directos en empresas petrolíferas”, o cal fai dubidar de se Arias Cañete está a funcionar máis como un lobbista que coma un Comisario, “tendo sido moi polémico dende o inicio o seu nomeamento ao incorrer en serios conflictos de intereses”. Logo están tamén as recentes informacións que o relacionan co branqueo de cartos denunciado nos Papeis de Panamá. “Se un individuo coma este é o responsábel europeo de enerxía, xa podemos imaxinar por onde poden ir as propostas da UE….”, advertiu a eurodeputada galega.
Arias Cañete está citado a comparecer ante a Comisión de Asuntos Xurídicos do Parlamento Europeo o próximo 12 de xullo. Nesa ocasión farao a porta pechada, a pesar da oposición do GUE/NGL, que demandou que se fixera de forma pública. O comisario deberá dar explicacións ese día sobre as relacións co chamado caso Acuamed, que afecta ao periodo no que foi ministro de Agricultura no Estado español. A Comisión reclamou a súa comparecencia tras sair á luz as investigacións da Audiencia Nacional sobre adxudicacións fraudulentas por parte da empresa estatal español Acuamed, que ten recibido fondos europeos. Nesas adxudicacións teríanse constatado algunhas irregularidades como a falsificación de certificacións e liquidacións, co obxectivo de aumentar significativamente as cantidades que cobraron as adxudicatarias. Varias testemuñas implican a Arias Cañete nun suposto acordo para autorizar estas prácticas. Ademais, Acuamed podería ter incorrido nun delito ecolóxico, chegando incluso ao envenenamento masivo nas augas do río Ebro no seu treito final.
“Se Arias Cañete foi capaz de realizar este tipo de manobras cando era ministro de Agricultura, que non seguirá facendo agora”, dixo Lídia Senra, para quen a fiabilidade dun home de semellante perfil agora á fronte das políticas de Enerxía e Acción polo Clima da Unión Europea debe ser nula. Por iso, a eurodeputada de AGEe alertou sobre a necesidade de ser vixilantes e facer seguemento continuo neste ámbito.
















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



