Foz, 1 de xuño de 2016.- Dende o grupo municipal socialista e o PSdG de Foz queremos informar a todos os nosos veciños do acordo tomado no pleno da corporación celebrado o luns 30 de maio.
A corporación municipal cos votos a favor do PP e o BNG, e grazas o voto de calidade do alcalde, aprobou o seguinte punto:
Propoñer ao Consorcio Galego de Servizos Sociais que o concello de Foz asuma durante 2 anos, con posibilidade de prórroga doutros 2 anos, a xestión da residencia de Foz, para que mediante a sinatura dun convenio de colaboración coa “ Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz” se presten os servizos de residencia e centro de día para persoas maiores no devandito centro.
Como ben recoñece o alcalde no seu artigo de opinión un “dedazo”, que califica como bendito.
Desde o PSdG de Foz, sen informes que corroboren a legalidade dese convenio como avala o informe xurídico de secretaría : “Este informe analiza única e exclusivamente a posibilidade legal de que o Concello de Foz acepte unha hipotética xestión de uso……”, afirmamos que unha vez mais se demostra o tipo de político e o tipo de política que exerce o alcalde do PP de Foz. Un alcalde que no mais estilo PARTIDO POPULAR chantaxea e usa o seu antollo a residentes, a familiares, a empleadas e a determinados membros de grupos políticos.
A proposta aprobada non arranxa o problema, senón que o agrava, se unha vez transferida a xestión ó concello os informes, necesarios para asinar ese convenio, son desfavorables, entón que imos facer???? Como xa dixemos no pleno oxalá sexan favorables ,se non o son ,como todo parece indicar, entón quen será o responsable?, a quen lle botara o alcalde a culpa?.O culpable será o Sr. Castiñeira, a culpa lla botará ó PSOE e volta a empezar.
O grupo municipal socialista solicitou o día 19 de abril entrevista co Consorcio Galego de Servizos Sociais, cuxa Xerencia é do PARTIDO POPULAR, para coñecer de primeira man cales serían as solucións posibles nun caso excepcional como é o de Foz. Non temos resposta a día de hoxe…..por que??? Ó alcalde si o reciben moitas veces, como el mesmo recoñeceu ten moi boa relación ,pero tampouco lle interesou concertar esa entrevista co resto da corporación….por que?
O grupo municipal socialista rexetou unha visita a nova residencia da corporación acompañada do representante de Mensajeros de la Paz, pois como afirma o alcalde o “dedazo” era inminente, e como Socialistas e como Obreros defendemos a legalidade e a igualdade de oportunidades algo que o partido popular obviamente non entende, non practica e non lle interesa, todo o contrario é un experto en ilegalidades e promotor de desigualdades como leva demostrando o Sr. Rajoy, o Sr. Feijoo e por suposto o Sr. Castiñeira.
O grupo municipal socialista se reuniu cas empregadas do actual asilo tantas veces como fomos requiridos, mantivo conversacións con empregadas e cos representantes sindicais, sen facer un uso partidista desas xuntanzas aínda podendo facelo. Non estivo disposto a unha reunión conxunta ideada polo alcalde para que unha vez máis “ a súa maneira” manipular, chantaxear, e faltar á verdade para confrontar a uns e outros ca única idea de saírse ca súa ou ca de outros, a do PP o fin e o cabo…por que?
Dende o PARTIDO SOCIALISTA intentamos buscar unha solución ca legalidade por diante, como non pode ser doutra maneira, como o entende o PSdG de Foz, como o entende o PSOE. Unha solución consensuada cos distintos grupos da oposición, non lla exposmos ó PARTIDO POPULAR nin o alcalde pois dende o principio a súa solución foi o “dedazo bendito” a Mensajeros de la Paz….por que?
O PSdG de Foz defenderá sempre o benestar dos residentes e os postos de traballo do actual asilo, sempre dentro da legalidade e da igualdade de oportunidades. O Partido Popular é imposible que nos entenda, non forma parte do seu ideario. Aínda que o representante en Foz do Partido Popular , que aprobou a Reforma Laboral , quere parecer o defensor das traballadoras…por que?
Efectivamente somos socialistas e obreiros dende fai 137 anos (Madrid 2 de maio de 1879 ) e indubidablemente no noso ADN ven legalidade, igualdade de oportunidades e defensa do público isto a dereita o equipara a dedazo bendito.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



