Lugo, 20 de xuño de 2016.- Máis de mil trescentos alumnos e preto de cen profesores participaron nas visitas didácticas ás instalacións da Fundación TIC durante o curso 2015-2016. En concreto, 1.374 estudantes de 51centros de primaria e secundaria de toda a provincia coñeceron o funcionamento dos distintos departamentos dun medio audiovisual e participaron na realización e presentación dos Ticodiarios.
Un grupo de 47 alumnos de 3º de ESO do CPR da Inmaculada de Lugo, acompañados de tres profesores, foron os encargados de pechar esta tempada. Os estudantes coñeceron de primeira man todo o proceso para a realización dun programa de televisión e presentaron un Ticodiario, un informativo que inclúe noticias reais e unha enquisa realizada polos propios alumnos. Ao final da visita, cada un deles levou unha copia do programa.
Achegar o uso das novas tecnoloxías
Os Ticodiarios forman parte do programa de visitas á Fundación que, un curso máis, foron todo un éxito. Esta iniciativa ten por obxectivo abrir as portas da TIC á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías aos máis novos dun xeito lúdico. Os destinatarios son nenos e mozos que, deste xeito, poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual. Todas as visitas están colgadas na web da Fundación TIC (www.fundaciontic.org)
Como se pode participar
Todos os centros de secundaria e primaria da provincia interesados en participar nesta iniciativa o curso que vén, poden apuntarse na sede da EIS, en Frei Plácido Rei Lemos s/n, ou chamando ao número de teléfono 982 284 667.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



