Cervo, 9 de xuño de 2016.- O Concello de Cevo ven de poñer en servizo o remodelado parque infantil no burgo da Senra. As instalacións foron supervisadas polo alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Obras e Medio Rural, Plácido Pérez.
O rexedor municipal salientou que “desde o Concello de Cervo estamos a levar adiante traballos na nosa zona rural, nas nosas aldeas, sobre todo dirixidos aos nosos nenos e aos seus pais para acometer a construción e tamén o acondicionamento de distintos parques infantís, para que así os nenos, aínda que é certo que cada vez temos menos nas nosas aldeas, tamén teñan un lugar de esparexemento para poder gozar igual que os doutros en sitios onde hai máis poboación”.
Alfonso Villares subliña que se trata “dunha actuación que neste caso acometeu o Concello de Cervo para acondicionar un parque destinado aos nenos no burgo da Senra. Un parque onde se puxeron distintos elementos de xogos para eles, que van servir para tentar facer máis atractivas as nosas aldeas para vivir. Incluso para aquelas familias que se acaban de establecer e teñen nenos que vexan que tamén na aldea se poñen servizos para que a vida sexa máis cómoda”.
O rexedor cervense engade que “é o que estamos intentando facer desde o Concello de Cervo ao acometer estes parques infantís, como na Senra, e tamén á hora de levar adiante outro tipo de servizos que estamos a traer ás nosas aldeas, como é o caso das canalizacións de saneamento”.
Finalmente Villares conclúe que “son distintas accións que nós cremos fundamental que se acometan por igual tanto na nosa zona rural como na urbana”.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



