Burela, 11 de xuño de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén está máis preto doutro soño. A escuadra de Iván Cao, Lucas, pelexará mañá polo triplete da tempada, na final XXII Copa de España de Alcorcón, tras impoñerse ao anfitrión por 5-1 en semifinais. Este domingo, ás 12.00 horas, as laranxas regresarán a Los Cantos para baterse co seu arquinimigo, o Atlético de Madrid Navalcarnero, que conseguiu o billete para a gran cita fronte ao UA Alacante, con resultado idéntico ao das galegas.
Saltaron ambos os equipos apostando pola intensidade. O conxunto anfitrión conseguiu adiantarse no marcador antes de cumprirse o segundo minuto de xogo, cunha recuperación no medio do campo fronte a Gaby no chan. As mariñás conseguiron frear o perigo con nome propio, de Anita Luján, que intentou sorprender a Jozi cunha vaselina no minuto 6, e non cesaron no empeño de perforar a meta da sólida Belén de Uña; Gaby puxo as táboas no minuto 8, cun zurdazo, en media volta. A falta de 5 minutos para o descanso, tras dous balóns envelenadísimos de Anita, intentouno Gaby por arriba, sen éxito; con todo, quen non perdoou foi Peque, que roubou á protagonista goleadora de Alcorcón e apoiouse en Bea Mateos para asinar o 2-1. Volveu a defensa a facer os deberes para manter a renda nos seguintes compases, con Jozi perfecta ante un lanzamento afastado de Vadillos que buscaba sorprender á brasileira e con Maite e Dany que salvaron ao bordo da liña de meta un balón de Anita Luján. Foi entón cando o Pescados Rubén deu un golpe sobre a mesa, de novo con Gaby, que recolleu fronte á meta de Alcorcón o pase de Dany desde a banda tras arrebatarlla á omnipresente Anita.
Regresou o Burela FS á pista sen respiro no ataque. Así, xa o 21, Dany volveu facer estalar a alegría na bancada laranxa co 4-1 en escapada pola banda. A punto estivo de ampliar a fenda Peque, no 26, a pase de Gaby, superada xa Belén, e pouco despois Ceci, desbaratada a tentativa pola meta anfitrioa. Chegaron despois as mellores oportunidades do Alcorcón, con correcta resolución de Jozi no 28 ante Vadillos, e co largueiro como obstáculo ate Desirée, no 30. A falta de pouco máis de oito minutos para o final, as de amarelo apostaron por xogo de cinco coa ex-burelista Ro como líder. Mantívose o Pescaos Rubén impertérrito a reacción do Alcorcón ata que chegou a oportunidade do quinto, da sentenza, como hattrick de Gaby, a falta de dous minutos.
Teledeporte emitirá en diferido a cita polo título mañá a partir das 14.30 horas, segundo a programación da canle de RTVE.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Dany, Peque, Gaby, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Claudia, Maite, Ceci
ADA Alcorcón FSF: Belén, Vadillos, Isa García, Desirée, Anita Luján, cinco inicial; tamén xogaron Natalia Flores, Pitu, Natalia Orive, Cris Llanos, Ro, Aída
Goles: 0-1, minuto 1, Anita Luján; 1-1, minuto 8, Gaby; 2-1, minuto 15, Peque; 3-1, minuto 17, Gaby; 4-1, minuto 21, Dany; 5-1, minuto 37, Gaby
Árbitros: Cristian Gómez García e Jorge Moreno Durán, do colexio madrileño. Por Alcorcón, amarela para Natalia Flores (minuto 12), Ro (minuto 33).
Incidencias: Partido correspondente a semifinais da XXII Copa de España de Alcorcón disputado no pavillón Los Cantos de Alcorcón, con emisión en directo de Teledeporte.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
