O próximo domingo, día 5, o bus-exposición do centenario das Irmandades da Fala estará en Ribadeo, no parque de San Francisco, ao lado do Cantón.
Para esta conmemoración, a Agrupación Cultural Francisco Lanza, xunto co Concello de Ribadeo e Ora Galega, organiza diversas actividades:
12.30 horas: actuación musical do Cuarteto Xaramolos e lectura colectiva do manifesto das Irmandades da Fala, nas Catro Rúas.
13.30 horas: actuación da Coral Polifónica no parque ao lado do bus.
18.30 horas: visita guiada á exposición por Suso Fernández Acevedo.
19.30 horas: actuación de Poetarras.