Burela 27-10-16.Desde a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña queremos contribuír á celebración das festas populares, xa que son unha ocasión excepcional para que os nosos usuarios as coñezan, se relacionen e disfruten. Así contrubuímos a súa integración e a súa estabilidade terapéutica, o que se traduce nunha melloría da súa calidade de vida.
Este ano a celebración do Samaín fixémola nos Centros de Burela , Ribadeo e na Unidade Residencial de Cervo. En cada un dos centros rendiuse homenaxe ao samaín con música, disfraces, películas de medo e incluso xogos . Todo escomezou onte coa caracterización dos diferentes centros,a cal nos acompañará nas vindeiras xornadas.