Éxito dos arqueiros do Club IADOVI de San Cibrao no primeiro test de tiro con arco en sala do 2016.
Este domingo celebrouse o Trofeo San Froilán 2016 en Lugo, torneo de tiro con arco en sala, que ademais inaugura a tempada de sala, os nosos arqueiros empregáronse a fondo e conseguiron subir en cinco ocasións ao podio.
Todos eles competiron en arco recurvo, así na categoría Infantil Ángel Galante Briones era proclamado campión do evento tras conseguir unha notable puntuación de 515 puntos sobre un máximo posible de 600, pola súa banda a súa compañeira de equipo Beatriz Bothelo Melo participaba tamén na mesma categoría pero en mulleres conseguindo a terceira praza con 448 puntos.
Na categoría Seénior feminino Ana María Briones Montes se cara a coa segunda praza tras liderar a proba na primeira serie, finalizaba con 501 puntos. En Senior home competía Gabriel Galante Briones subindo do seu categoria de junior, competía en sénior logrando situarse na sexta posición con 531 puntos. Doutra banda José Antonio Rico Pernas conseguía situarse na praza 20 con 406 puntos.
Na categoría novel mixta o noso representante Sergio López Dianteiro deixaba ben alto o pavillón do noso Club a tan só un punto para conseguir unha media de nove; con 539 puntos facíase coa primeira praza da categoría.
Na categoría veteranos José Manuel García Cordido (Campa) se cara a coa terceira praza ao asinar unha tabliña de 500 puntos. Participaba tamén en veteranos Jorge Galante que lograba a novena praza con 460 puntos.
A próxima parada no Barco de Vadeorras no torneo internacional de tiro con arco en sala celebrado polo Club Arcobarco que se celebrase o próximo día 22, ao cal acudirán parte dos nosos arqueiros para demostrar que se atopan nun bo nivel técnico.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
