A sede do GALP A Mariña-Ortegal, na Confraría de Pescadores de Celeiro – Viveiro, acolleu onte a máis de 50 persoas pertencentes á nova Rede de axentes locais do sector turístico e pesqueiro posta en marcha nos últimos meses como parte imprescindible do proxecto.
Durante a xornada, presentada polo Presidente do GALP, José Basilio Otero, e un dos membros do equipo de Valora Consultores, Iria Caamaño, responsables da execución do proxecto, déronse a coñecer os resultados finais do mesmo.
O Plan de Dinamización Turística do Territorio da Mariña – Ortegal ten como obxectivo principal promover proxectos conxuntos entre axentes do mar e do turismo para alcanzar un maior posicionamento do territorio como destino sustentable e mariñeiro e poñer en valor todo o patrimonio natural e cultural vinculado ao mar.
O novo período FEMP 2014-2020, favorecerá a posta en marcha de proxectos produtivos e non produtivos promovidos por empresas, asociacións, administracións locais, confrarías, etc., que estean dirixidos ao desenvolvemento socioeconómico e sustentable do territorio.
O Plan recolle unha extensa e detallada batería de ideas, proxectos e actividades relacionadas co turismo e o mar, que encaixan coa idiosincrasia do territorio e as necesidades e intereses dos axentes locais. Ademais, tódolos proxectos do Plan enmárcanse dentro das liñas e medidas establecidas na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP A Mariña-Ortegal, e son, por tanto, subvencionables.
Este Plan apóiase en catro principios básicos: Territorio, Produto, Calidade e Promoción. Todos os proxectos propostos, ao redor de 50, agrúpanse en seis ámbitos de actuación prioritaria: Posicionamento e Comunicación do destino, Profesionalización do sector turístico no turismo mariñeiro, Sensibilización, posta en valor e promoción da Gastronomía local, Consolidación e diversificación do Turismo Mariñeiro, Consolidación e diversificación do turismo náutico-deportivo e posta en valor do Patrimonio material e inmaterial.
Para o seu deseño, ademais dun exhaustivo traballo de campo e de gabinete, contouse cun intenso proceso participativo, que mobilizou a máis de 150 axentes dos 13 concellos que compoñen o territorio.
O Presidente do GALP lembrou a tódolos asistentes que, neste novo período, o territorio conta cun elevado orzamento (mais do dobre que no período anterior) para proxectos deste tipo e animou a tódolos asistentes a seguir traballando en común para aproveitar ao máximo a oportunidade de financiamento que supoñen estes fondos europeos para alcanzar un maior crecemento sustentable, tanto a nivel social como económico e ambiental.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



