A Deputación Provincial de Lugo aproba en Xunta de Goberno, as contas xustificativas do Plan de Impulso ao rural e ao sector primario, coas que o executivo da Deputación financia obras de mellora en accesos a núcleos poboacionais; viñedos, explotacións agrogandeiras e centro socioculturais.
Santos Ramos explicou que “no plan impulso contempla un total de axudas por valor de 2,2 millóns das que levamos aprobadas axudas de 1.8 millóns”. Estas divídense nas seguintes 7 liñas:
• Arranxo de camiños e accesos por valor de 750.000 euros.
• Melloras nos centros socioculturais e no seu contorno: por valor de 263.000 euros.
• Dotación de equipamento dos centros socioculturais: por valor de 86.700 euros.
• Posta en marcha de novas rede de abastecemento de auga no rural: por valor de 74.000 euros.
• Mellora da rede de abastecemento xa existente por valor de 150.000 euros.
• Recuperación de terras abandonadas por valor de 250.000 euros
• Horticultura por valor de 111.030 euros.
• Viñedos por valor de 88.969 euros.
• Pesca de Baixura por valor de 94.200 euros.
Santos Ramos tamén informou da evolución destas axudas no 2016, e destacou que se rexistraron 483 solicitudes por valor de case 5.110.000 euros. Neste ano, o Goberno da Deputación decidiu establecer 4 liñas subvencionables:
• Arranxo de camiños e accesos por valor de 2.529.000 euros.
• Melloras nos centros socioculturais e no seu contorno por valor de 1.221.000 euros.
• Posta en marcha de novas rede de abastecemento de auga no rural por valor de 858.500 euros.
• Mellora da rede de abastecemento xa existente por valor de 501.300 euros.