Ribadeo, 14 de decembro de 2016. Dezaseis alumn@s participan no obradoiro de emprego Ribadeo no tempo II no que se procede a informatizar documentos inventariados e a dixitalizar os libros de actas antigas do Concello ribadense. Entre o material co que están a traballar hai algún acta plenaria do século XVI e tamén planos urbanísticos de interese para coñecer a evolución e o crecemento de Ribadeo. Os concelleiros de Cultura e Desenvolvemento Local, Farruco Graña e Ana Martínez, visitaron esta mañá este obradoiro que deu comezo o 30 de setembro e rematará o 30 de marzo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, declarou que “a verdade é que é un pracer achegarnos ata esta sala de traballo, deste grupo que está a desenvolver un labor de recollida de datos no Concello de Ribadeo relativo a todos os documentos antigos que temos aquí, que non son poucos”.
O edil nacionalista explicou que “se trata dun traballo de arquivística e de xestión de documentos, e que tamén ten a súa posterior dixitalización documental para que poidamos acceder todos de forma máis ou menos inmediata e segura a toda esta documentación”.
Graña salientou que “é un proxecto de traballo que leva no fondo, sobre todo, a intención de formar a estas persoas que están a desenvolver este seminario. Formalas tanto para que poidan desenvolver este traballo específico de xestión dos arquivos do Concello de Ribadeo, como ao mesmo tempo como persoas insertadas no mundo laboral, poder despois levar á práctica ditos coñecementos tanto no plano técnico como na busca de emprego ou de fomento de talleres de emprego para que poidan seguir desenvolvendo esta actividade”.
O concelleiro de Cultura indicou que “esta actividade ademais de ter esa vertente enriquecedora para cada unha das persoas que a desenvolve, tamén ten outro aspecto fundamental para o Concello de Ribadeo. Temos un tesouro inmenso nos nosos arquivos, un tesouro que arranca de moito tempo atrás, de séculos de historia e de historia moi activa, tanto no plano comercial como de toda a vila que medra grazas a esa actividade, ou a calquera outro tipo de actividade, agrícola, mineira ou a que fora”. E engadiu: “novos veciños, novas solicitudes de residencia en Ribadeo, novas solicitudes de autorización de obras para poder construír casas, para poder construír almacéns, etc… Todo iso está recollido neses documentos e para nós foi un gran acerto lograr que se desenvolvera este taller, porque pode ser o xermolo dunha actividade máis prolongada no tempo, que desexamos que nos sirva a todos para coñecer máis polo miúdo esta documentación, que é inmensa”.
Farruco Graña quixo facer unha chamada de atención especial ao mundo docente “porque moitas veces vémonos nas aulas abocados a ter que explicar conceptos tanto en historia como noutras áreas de coñecemento, botando man de exemplos de arquivos de cidades importantes, Madrid, Barcelona, Lugo, Oviedo, A Coruña, Santiago. Por qué non botar man tamén dos arquivos que temos aquí, que son moitos e ben interesantes, e que nos poden mostrar unha maneira distinta de exemplificar os conceptos que lles explicamos aos rapaces e ás rapazas nos institutos. Acudamos tamén a estes arquivos para fundamentar ás nosas aulas, acudamos tamén a estes arquivos para buscar referencias de actividades culturais coas que dinamicemos a vila e revitalicemos e poñamos de novo en valor todo o noso tesouro histórico. Nese sentido é unha inmensa honra poder falar hoxe deste traballo feito por estas persoas, porque é un grao de area máis na posta en valor do que é a historia de Ribadeo”.
Pola súa banda, Manuel Barreiro, director do obradoiro Ribadeo no tempo II contou que “o obradoiro de emprego configúrase en dúas especialidades, temos unha especialidade que é a de xestión documental. Fundamentalmente o arquivo do Concello de Ribadeo atopábase inventariado a mediados da década dos 90. E o que estamos facendo nós é informatizar todo ese inventario, volvelo ordenar, ver a conservación como foi, é instalalo de forma correcta. Iso é o que están facendo aquí os compañeiros e compañeiras. Estamos utilizando unha base de datos que quedará no Concello para a xestión despois de todos eses expedientes, que é unha base de datos desenvolvida polo servizo de arquivos da Xunta de Galicia”.
Barreiro relatou que “temos outra especialidade que é a dixitalización de documentos, que fundamentalmente o que está a facer é dixitalizar os libros de actas do Concello de Ribadeo. Temos pensado tamén meternos coa sección de obras e urbanismo porque hai planos que son moi interesantes para ver a evolución histórica de cómo se configurou o urbanismo de Ribadeo, cómo foi medrando a vila. Estamos pensando cando remate o obradoiro ao mellor preparar algún tipo de exposición, non sabemos se virtual ou física para poñer en valor un pouco este patrimonio”.
O director do obradoiro de emprego subliñou que “o libro de actas máis antigo que hai aquí é do ano 1536, é documentación realmente antiga. Nós o que estamos a facer é unha captura fotográfica de cada unha desas páxinas co obxectivo de xerar uns ficheiros que despois permitan unha consulta web desa información”.
Manuel Barreiro asegurou que “a dixitalización é un proceso moi caro e o que tratas de buscar é garantir o acceso a esta documentación, que non teñas que desprazarte ata Ribadeo para consultala, e garantir tamén a preservación e conservación destes libros. Un factor importante deste material é a manipulación, e se temos unha copia dixital dunha calidade boa facilita moito o tema”.
Xunto aos dezaseis alumnos e alumnas traballan no obradoiro Ribadeo no tempo II dúas monitoras e o propio director.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



