Foz, 30 de xullo, 2025. As xornadas de historia organizadas pola asociación A Pomba do Arco continúan este mércores 30 de xullo ás 20:30 na Casada da Cultura de Foz o escritor e cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa. Na súa exposición, percorrerá o variado repertorio temático dos principais xéneros da chamada literatura popular de tradición oral, entre as que se sitúan os mitos, os contos, as lendas, os romances e as cantigas. Neste sentido, a posta deste ano das xornadas pola tradición oral está ligada coa decisión de dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 a esta literatura.
A palestra de Reigosa permitirá recuperar algunhas das lendas e contos máis caros para os mariñaos. A este respecto, o relator destacará o “traballo realizado polos compiladores pioneiros na área da Mariña” e sinalará “aqueles aspectos e achegas máis salientábeis”. Neste sentido, referirase “a persoeiros tan destacados neste campo como os mindonienses Antonio Noriega e Eduardo Lence-Santar xunto aos viveirenses Alfredo García Dóriga, Juan Donapetry ou Enrique Chao Espina ou ao pontenovense, José María López”.
Reigosa sinala que “grazas a algúns destes investigadores coñecemos o lendario de lugares tan emblemáticos como a illa Coelleira, a lendas dos tres ríos principais da Mariña, o misterio que agachan covas como a do rei Cintolo, os trazos que caracterizan a mitificación popular de persoeiros como o mariscal Pardo de Cela e o Conde Santo ou as andanzas de bandoleiros como Pepa a Loba e Mamed Casanova Toribio. Neste sentido, a tradición foral é unha fonte de primeira magnitude para coñecer a historia mariñá
Unha parte destas lendas están baseados en figuras de gran relevo histórico relacionadas coa comarca da Mariña e co concello de Foz. Un caso destes é o mariscal Pardo de Cela, un dos dirixentes da revolta galega contra Castela do século XV, que tiña emprazada na Fouseira, no concello de Foz, unhas das principais fortalezas, onde resistiu durante meses ao longo de 1482 e 1483 ao exercito dos Reis Católicos, conformado por un impórtante continxente de forzas mercenarias francesas.
Reigosa significará “a importancia do traballo de transmisores de oralidade como o que fixeron algúns cegos e cegas de renome en feiras e festexos ou dos grupos de cantareiras”. Nesta dirección, apunta que “daremos conta textos dos referentes tanto autorais como dos textos literarios orais que reflicten os símbolos e valores que definen a nosa cultura e que no seu conxunto constitúen a nosa esencia identitaria, neste caso, o carácter dun grupo humano que se manifesta nun espazo ou ámbito xeográfico tan característico como, neste caso, o da Mariña.
Antonio Reigosa Carreiras, cronista oficial de Mondoñedo desde 2015, é escritor, investigador, relator e divulgador da mitoloxía e literatura de tradición oral galega. Colaborador habitualmente en prensa, radio e televisión, foi creador de revistas e mantedor-coordinador desde 2005 da enciclopedia virtual da fantasía popular ‘Galicia Encantada’. Especialista en literatura de tradición oral, foi responsábel da sección de Literatura de Tradición da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) desde 2007 a 2022.
As xornadas fecharaas o xoves 31 de xullo Manuel Miranda, que presentará unha palestra titulada “O patrimonio arqueolóxico de Foz”. A intervención de Miranda xirará sobre aqueles aspectos de máis relevo do patrimonio focego, reparando nos castros do municipio, nos xacementos que dan conta da presenza romana, nas antigas minas, nas covas ou en espazos de gran significación como a Frouseira, onde aínda se conservan os restos da fortaleza do mariscal Pedro Pardo de Cela























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



