O Pescados Rubén Burela FS xa está voando cara ás Canarias para disputar mañá o primeiro de 4 enfrontamentos que terá que asumir nos próximos 11 días, entre liga e Copa. Con dobre parada nas illas, coa 10ª xornada de Primeira o sábado ás 19.00 horas e cuartos de Copa do Rei o mércores 14, 20.00 horas -horario local-, o venres 16 volverá á competición regular na pista de Catgas Enerxía (21.00 horas, TV3); Vista Alegre despedirá 2016 o martes 20, con Aspil Vidal Ribera Navarra.
Os mariñáns buscarán o seu cuarto triunfo consecutivo, na novena praza, con 12 puntos. “Temos moita ilusión e ganas nesta recta final. Creo que é unha oportunidade de estar en semifinais de Copa do Rei, hai que aproveitalo ao máximo e xogar ao límite das nosas posibilidades para seguir optando para estar en Copa de España e continuar en Copa do Rei” explicaba Daniel Ibañes, coincidindo cun dos grandes regresos desta tempada nas filas burelistas, Jorge Matamoros: “Unha vitoria sería moi importante para poder pensar en algo máis que na salvación; estamos con moitas ganas de seguir coa boa dinámica”.
Técnico e xogador volven compartir sensacións na dificultade do dobre compromiso canario. “Non sabemos cales son as súas expectativas e prioridades, pero cremos que van ser partidos igualados cun rival complicado de dobregar; malia ser un equipo que acaba de ascender, puido gañar a Jaén na súa casa e os resultados adversos son case ao final do partido”, advertía o técnico do undécimo clasificado (8 puntos), referendado por Mata: “Serán dous partidos diferentes, pero moi complicados; imos dispostos a dar o mellor de nós; é unha cancha onde gañaron poucos equipos”, explicaba o pivote madrileño, feliz co seu regreso ás pistas logo de moitos meses complicados: “Estou moito mellor, aínda non é o meu mellor momento, pero atópome moito máis rápido e facer goles axúdame moito animicamente para seguir traballando e mellorando” confesaba o laranxa tras rubricar 2 goles a semana pasada fronte a Jumilla.
Daniel Ibañes e Jorge Matamoros volven depositar o desenlace favorable na concentración, sen lapsos: “Cando cumprimos con isto conseguimos saír con bos resultados. Teremos que manter a intensidade os 40 minutos, cando perdemos a concentración os partidos escápansenos, pero nos últimos 3 encontros melloramos moito esa faceta e temos que seguir así” aseguraban os burelistas.
Aínda que de momento quedan nun segundo plano, o técnico laranxa tamén pensa no resto dos compromisos desta apertada axenda: “Non é o mellor xeito de ir Santa Coloma, unha pista sempre moi complicada, pero a filosofía vai ser a da ilusión de seguir medrando nas dúas competicións e con isto superaremos o cansazo. Catro días despois despediremos 2016 ante a nosa afección nunha cita que temos que gañar si ou si; o importante serán os tres puntos para seguir pelexando polo soño da Copa”.
Para a cita de mañá, nas filas locais serán baixa, por lesión, Gus e Jonathan Cámara. A expedición mariñá vaixa con: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Petry, 13. Álex, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
