Burela, 1 de decembro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, mostrou a súa satisfacción pola entrada en servizo do novo acceso ao porto, unha obra que supuxo un investimento de máis de 8 millóns de euros. Este novo viario estará aberto ao tráfico a partir das cinco da tarde. O rexedor subliña que suporá un alivio para as principais arterias da vila, que a diario eran atravesadas por centos de camións procedentes ou con destino ao peirao. Ata Burela viaxou o presidente da Xunta, Alberto Núñez, para inaugurar esta infraestrutura.
Alfredo Llano declarou que “era unha obra moi agardada por todos os veciños e veciñas de Burela. Levábamos xa anos de espera e a obra agora mesmo vai cumprir unha función moi importante para o noso concello”.
O rexedor burelés lembrou que “houbo grandes dificultades de construción e houbo que facer moitas cousas polo medio que foron retrasando esta inauguración, e tamén foron acumulando cada vez máis o orzamento. É unha obra que rolda os 8.300.000 euros e iso dá lugar a pensar o gran investimento que houbo que facer para que fose unha realidade. Hai que darse conta que son 1.260 metros, é un percorrido curto, pero que vai ser de gran importancia para o noso concello”.
Llano salientou que “tanto as manifestacións do presidente da Xunta como as miñas foron que isto ven constituír un bo arranxo para solucionar unha serie de problemas derivados do transporte que ven saíndo da lonxa cara a diversos mercados que hai. Antes tiñan que cruzar todos os camións que saen do porto que son moitos, unha media de case 400 ao día, o centro do pobo e agora grazas a este novo acceso xa se incorporan directamente á N-642. Gañamos en seguridade e medio ambiente, polo tanto isto ven arranxar moitos problemas neste senso, os veciños van notalo e imos estar todos máis contentos nese aspecto”.
O alcalde dixo: “hai que salientar que non soamente se fai o acceso ao porto comercial onde cargan e descargan o peixe, senón que vai dar a facilidade de que moitos visitantes poidan acceder á nosa vila a través desa vía e conectar coa avenida da Mariña, as rúas Castelao, Curros Enríquez, Pascual Veiga e Rosalía de Castro, e estarán no centro de Burela de xeito inmediato. Tamén outra cousa que me parece moi importante é que ese acceso lle vai dar cobertura ao polígono industrial do Berbés, que agora mesmo está pouco desenvolvido, pero pode ser un aliciente para o seu desenrolo. Esta obra ven completar outra forma de acceder á vila ou visitar o porto, o barco museo e as praias”.
Alfredo Llano engadiu: “estamos contentos, foi unha obra moi agardada e por fin se culminou, e agora que sexamos todos capaces de aproveitala da mellor maneira posible, que nos comprometamos todos a sacarlle rendemento tanto no plano económico como no social e cultural, incluso no turístico”.
Aproveitando a viaxe do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Burela o rexedor falou con el de asuntos como a nova Edar e a nova escola infantil. É obxectivo e intención do alcalde solicitar un encontro co titular do executivo galego en Santiago para abordar temas de interese para Burela e para a comarca.
























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



