Foz, 15 de decembro de 2016. O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 1.000 euros en vales de compra este Nadal. Será entre os clientes que fagan as súas compras no comercio asociado local entre o 17 e o 24 de decembro. Alí van recibir uns boletos que deberán cubrir e depositar nas árbores dos desexos que atoparán nos establecementos que participan nesta campaña. E o día 27, entre todos os recibidos, 10 serán premiados con 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase a través da emisora local Radio Foz.
Os 38 locais que se dan cita na campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto de Foz son: 5 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou, Arrullos, Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ecoadellao Productos Ecológicos, Electrodomésticos Celso, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Faxtor Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Home Secret, Infotec, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Anduriña, Saint Tropez, Suministros Veipa, Vagaluz, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos e Zapatería Chinela.
Acia/CCA de Foz tamén contribuirá con diversas propostas á ambientación das rúas da localidade durante este Nadal 2016/2017.
Durante as vindeiras semanas terá lugar unha nova edición do concurso de escaparates. Os establecementos interesados en participar teñen que enviar as fotos dos seus negocios á seguinte dirección de correo electrónico aciafoz@gmail.com antes de mañá, día 16, e do 17 de decembro ao 6 de xaneiro poderanse ver no facebook da asociación e poderanse votar. Aquela foto que reúna máis “me gusta” ao longo deses días será a gañadora do concurso de escaparates deste Nadal.
O Centro Comercial Aberto de Foz anima “a facer as compras deste Nadal no comercio máis próximo, no que temos a carón das nosas casas. Nel atoparán todo o que precisan e ademais poderán optar a levar algún premio de 100 euros en vales de compra. Que todo o mundo garde as súas papeletas e que permanezan atentos ao sorteo do vindeiro 27 de decembro”. E lembran que “é importante seguir empregando a tarxeta do comercio de Foz para acumular descontos nas nosas tendas”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



