O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureriro, e o Presidente da Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, Horacio Albo, xunto con comerciantes da Mariña de Lugo, presentaron este mércores na Rúa Pastor Díaz de Viveiro, a campaña Merca en Lugo polo Nadal, porque temos de todo e do mellor, que promove o Goberno da Deputación.
Santos Ramos remarcou que “esta campaña de sensibilización cidadá ten como obxectivo potenciar o tecido empresarial na Mariña lucense, e no resto das localidades da provincia. Esta iniciativa busca potenciar as compras nos establecementos dos 16 Concellos mariñáns durante estas datas festivas”.
O Vicepresidente destacou que “o sector do comercio, dá emprego a máis de 1.200 traballadores nos máis de 800 establecementos que se distribúen no conxunto do territorio da Mariña. Ademais, as compras durante o Nadal supoñen o 25% do total das vendas anuais, sendo os establecementos de comercio téxtil, xoieiras e xogueterías os que máis ventas supoñen nestas datas festivas”.
Sinalou que segundo as propias cifras da Federación “o comercio representa o 14% dos postos de traballo da nosa provincia, por iso cremos que é necesario concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos comercios que temos ao pé da nosa casa, no seu barrio e no seu pobo, e que axudan a dinamizar a economía da nosa provincia”.
María Loureiro agradeceu a sensibilidade do Goberno da Deputación na promoción do comercio local. “Hoxe presentamos unha iniciativa que repercute directamente no desenvolvemento dos establecementos de Viveiro, e tamén de toda A Mariña de Lugo”. Nese senso demandou o esforzo conxunto de todas as administracións para mellorar as actividades económicas de todas as comarcas da provincia.
Horario Albo recoñeceu o traballo da Deputación coa celebración desta campaña, xa que contribúen a poñer en valor os máis de 200 comercios da nosa vila, e sobre todo nestas datas que representan unha porcentaxe moi importante das ventas anuais do sector, e do que moitas familias dependen directamente. Avanzou que esta campaña é a máis importante do ano, tanto en duración como en volume de ventas.
5.000 establecementos da provincia
Esta inciativa está presente en toda a provincia, xa se presentou na Zona Centro, na cidade de Lugo, hoxe presentouse na Mariña, e mañá xoves, realizárase na Zona Sur, en Monforte.
Con esta iniciativa, a Deputación ofrecerá aos 5.000 establecementos da provincia carteis co lema Merca en Lugo polo Nadal, porque temos de todo e do mellor. Tamén se levará ás rúas dos 67 Concellos da provincia, coa colaboración de todos os colectivos nos que se integran os profesionais deste sector, xunto con máis material promocional como, por exemplo, bandoleiras.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



