Cervo, 23 de decembro de 2016. Papá Noel visitou os dous colexios que hai no municipio de Cervo e deixoulles agasallos aos escolares. Foi unha iniciativa promovida polo Concello.
A concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, explicou este venres que “esta semana Papá Noel pasou polos dous colexios do municipio e deixoulles agasallos aos escolares: aos máis pequenos un libro máxico cun pincel e aos maiores un libro de pasatempos cun bolígrafo. Foi unha actividade promovida polo Concello e no colexio de Cervo o Papá Noel, acompañado por un elfo, foi por todas as clases mentras que en San Ciprián recibiu aos nenos nun trono”.
Dolores García comentou que “é certo que estas datas son sobre todo para gozar os nenos e nenas, pero os maiores tamén; só bastaba con ver as caras dos pequenos e pequenas e a ilusión que poñen para falar con Papá Noel, aínda que tamén os había que se asustaban un pouco. O importante é que o pasaron ben e puideron pedir en persoa os seus agasallos para a Noiteboa”.