Foz, 17 de xaneiro de 2017. Esta mañá comezaron as actividades da XIV Festa do Chícaro en Foz cunha charla sobre marisqueo e acuicultura en Galicia, que se desenvolveu no salón de actos da Casa da Cultura para alumnos e alumnas dos centros educativos focenses a cargo de Susana Novo Vázquez e Justa Ojea Martínez, doutoras en Bioloxía e investigadoras do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo. Na conferencia incidiron na importancia de preservar e coidar o medio mariño para permitir a súa sustentabilidade.
Os actos continuarán este sábado 21, día grande deste festexo gastronómico, xornada na que terá lugar a inauguración ás 12 do mediodía e a continuación o pregón a cargo do xornalista José Manuel Orriols. Para as 12:30 horas está programada a apertura dos stands situados baixa unha carpa instalada no peirao de Foz, onde se servirán berberechos á provenzal, ao vapor e con fabas de Lourenzá, especialidades elaboradas por alumnos da Escola de Hostalaría do IES de Foz. Tamén se venderán racións de empanada de berberechos de Confitería Anduriña. O prezo de cada ración de todas as especialidades é de 4 euros. De 12:30 a 15 horas haberá animación con música tradicional a cargo do grupo A Subela e desde as sete da tarde o grupo O Feitizo ofrecerá bailes tradicionais e batuka. E a partir das dez da noite actuará unha charanga. Ademais en numerosos locais hostaleiros de Foz servirán racións e tapas de berberechos en varias preparacións.
A XIV Festa do Chícaro continuará o domingo 22 nos locais de hostalaría e de 12:30 a 15 horas haberá animación de rúa con música a cargo de grupos folclóricos e dunha charanga.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



