Viveiro 23-1-17. O domingo 22 de xaneiro de 2017 o Clube de Remo Celeiro-ACD PENALBA acudiu ao Campionato Galego de remoergómetro celebrado no pavillón da Malata en Ferrol. O club participou con 29 deportistas nas categorías alevín, infantil, cadete, senior e veterano; logrando medalla en dúas categorías e quedando entre os 10 primeiros postos a maioría dos deportistas:
•Manuel Joven Lorenzo: ouro en categoría alevín masculino.
•María Luz Iglesias Martínez: prata en categoría veterán feminino.
