Viveiro 18-2-17. A UNED de Viveiro, continuando ca súa oferta de extensión universitaria informa, que sigue aberto o prazo de matrícula para:
UNED Senior do 1 de febrero o 3 de marzo para as asignaturas
INGLÉS PARA VIAJAR, os luns de 18:30 a 20:30 e PATRIMONIO HISTÓRICO os martes de 18:00 a 20:00 h.
Tamen segue aberta a matrícula para os cursos, INCLUSIÓN SOCIAL Y LABORAL DE LA POBLACIÓN RECLUSA, que se impartirá os días 24 e 25 de marzo e para o curso, homologado pola Xunta de Galicia, de MONITOR DE TEMPO LIBRE, que se impartirá os sábados e domingos:
18,19, 25 e 26 de marzo.
1, 2, 8, 9, 22, 23, 29 e 30 de abril.
6, 7, 13, 14, 20, 21, 27, e 28 de maio.
Os interesados poden matricularse: ONLINE: www.extensionuned.es
Na Secretaría da UNED, Avda. de Cervantes s/n. 1º piso dos claustros da Igrexia de San Francisco, tamén poden matricularse e acadar mais información.
Mail: viveiro@lugo.uned.es
Teléfono: 982563601






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



