Mondoñedo 18-2-17. A Asociación Salto do Coro de Mondoñedo organizará este ano non só as dúas probas clasificatorias zonais da Terra Chá de bádminton como o ano pasado, senón, que tamén organizarán o provincial de bádminton.
As probas serán 1, 8, 15 e 22 de marzo probas locais; o 8 de abril a primeira preparatoria zonal, o 15 de abril a clasificatoria zonal para o provincial, e o 23 de abril o Provincial. O 10, 11, 12 de abril organizarase un campamento urbano dedicado só a este deporte por primeira vez.
Nas dúas primeiras como novidade, fóra de competición oficial poderán participar xuvenís e pre-benjamines nas devanditas probas.
Mondoñedo consolida así este deporte entre os importantes que ofrece aos seus jovenes.
Colaboran polo de agora nesta actividade a empresa INGETEAM, supermercados Almeida Rico.