Cervo, 10 de xaneiro de 2017.- O salón de actos do Concello acolleu este venres a presentación da axenda de programación do Entroido no municipio.
No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García, ademais de representantes da Asociación Airiños do Xunco e da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coas que o Concello colabora na organización do Entroido de Cervo e de San Román de Villaestrofe.
A programación inclúe actividades para tódalas idades e en diferentes puntos do municipio, dende o 25 de febreiro ata o 4 de marzo.
Deste xeito, en Cervo, o sábado 25 de febreiro terá lugar un Play-Back Infantil. Será ás 18:30 horas na Casa do Concello. O domingo 26, celebrase o desfile. Ás 17:00 horas os participantes deberán concentrarse no pavillón de Cervo para inscribirse e a saída está programada para as 18:00 horas.
Haberá premios para os mellores difraces e cestas con produtos típicos de Entroido para todos os que se anoten. A charanga Aturuxo amenizará a xornada.
En San Cibrao, a cita principal será o martes de Entroido, 28 de febreiro. O tradicional desfile sairá da Praza dos Campos ás 18:00 horas. Haberá importantes premios en metálico para os mellores disfraces e comparsas, ademais de bolos preñados para os participantes e vales de consumicións nos locais de hostalería de San Cibrao, para os inscritos ata o venres 24 de febreiro.
A charanga Os Macanudos amenizará a tarde, e, xa pola noite, ao remate do desfile, collerá o testigo o grupo de música Kalimea. ÁS 22:30 horas terá lugar a tradicional cea de Entroido, organizada polo CIT.
Pola súa banda, o Entroido de San Román celebrase o 4 de marzo. Será a partir das 22:30 horas, amenizado pola orquestra La Favorita, con importantes premios en metálico para os mellores disfraces. Colaboran ademais neste Entroido Alcoa e a Asociación de Montes Veciñais de San Román.
Neste senso Villares destacou “que dende o Concello centramos os nosos esforzos en ofrecerlles aos veciños unha oferta lúdica do máis variada e completa; para que gocen do Entroido da mellor maneira posible, de feito, nesa semana concentramos un amplo abanico de actividades para tódolos membros da familia e convidamos, por suposto, a todos, veciños e foráneos, a vivir connosco o Entroido de Cervo”.
Así mesmo, a edil delegada de Cultura, Dolores García, destacou que “ademais dos tradicionais desfiles, dende o Concello programamos unha Festa Infantil para o luns 27 de febreiro, na que haberá globos, pallasos, espectáculos e todo tipo de xogos e sorpresas para os máis pequenos” e, como novidade –engadiu- “o mércores 1 de marzo veciños e visitantes están convidados a bailar na Praza dos Campos, á que traeremos un espectáculo Dance Play para tódalas idades, ademais haberá tamén un concurso de máscaras e caretas”. A cita será ás 19:00 horas.
Como programación complementaria ao Entroido, este domingo, en horario de 11:00 a 14:30 horas, a Casa da Cultura acollerá un obradoiro de maquillaxe, impartido por unha especialista en técnicas de maquillaxe á agua. Ás 15 prazas están cubertas.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



