Un ano máis, a entrega dos premios “Mestre Mateo” que organiza a Academia galega do Audiovisual constitúe un bó momento para analisarmos as actuais dificultades do sector.Un sector que é industria (por certo dos sectores industriais menos subvencionados con fondos públicos) e compre reactivalo como tal. Mais tamèn é cultura. E os países sen cultura (os países sen industria audivisual) non existen, como ben dixo Carlos Ares, presidente da devandita Academia, na Gala de entrega deses premios.
O desleixo cara ao audivisual e, en xeral, cara á cultura da Administración galega ao longo dos oito anos de goberno Feijóo contribuiu agravar substancialmente unha moi fonda depresión que o sector é o primeiro en sofrir e o derradeiro en deixar: son os recursos para publicidade o primeiro que recurtan as empresas e os recursos para industrias audiovisuais e culturais o primeiro que curtou este Goberno. Das resultas desta grande depresión o sector ficou moi desartellado. Desfíxose en grande parte o traballo desenvolvido dende a Lei do Audivisual do 1999 por varios Gobernos, como recoñecen as empresas do sector.En realidade, o principal recurso que fica no noso audiovisual son os seus excelentes profesionais: guionistas, técnicos, actores, directores…Mais a realidade cotián dos nosos actores é arrepíante: o 60% dos artistas galegos acadaron ingresos anuais inferiores aos 6000 €, o que os bota de cheo na pobreza. Os artistas sofren dunha grave desprotección social vencellada ás graves limitacións da súa relación laboral especial, inzada de cotizacións só por días ou por findes que lles impide acadar prestacións por desemprego ou xubilación. Velaí a urxencia de aprobar o Estatuto dxs traballadorxs do audiovisual, que lles equipare coa protección social dos traballadores doutros sectores.
Na cuestión industrial, compre lembrar que a TVG é a principal ferramenta para a nosa produción audiovisual. Arestora a galega é a canle estatal que máis inviste en termos relativos en series de ficción. Mais as cifras haberían mellorar en documentais e longametraxes. A galega é unha das canles públicas que menos lle custa ao cidadán na Unión Europea e a súa existencia débese á promoción da nosa lingua e cultura no mundo, incluídos os nosos produtos audiovisuais.
O sector ten grandísimas potencialidades e os inmediatos reptos tecnolóxicos están aí. O audiovisual galego ha ser un asunto de País.


















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



