Que a opinión pública perdeu a confianza na xustiza é un feito notorio no que me gustaría afondar dende outra perspectiva que non fora a tradicional queixa sobre as súas dúas velocidades: a do pobre e a do rico.
Tópicos, lugares comúns e expresións trilladas que semellan ter máis valor segundo cal sexa a boca que as pronuncia, presente queda aquela manifestación de Carlos Lesmes, presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo que afirmaba, non hai moito tempo, que a lei procesual estaba feita para o “roubagaliñas” e non para o gran defraudador.
Habería que ver agora que valor teñen estas declaración feitas pola máxima autoridade xudicial española e en que lugar quedamos despois das mesmas.
Nestes días de borrasca voltamos a vivir un episodio de psicose xudicial representado no Tribunal Supremo; así o alto tribunal di que serán válidas aquelas cláusulas de chan das hipotecas que foran negociadas individualmente, dando resposta ao recurso de casación exposto pola Caixa Rural de Teruel.
A cuestión a analizar é que sentido ten dito pronunciamento e como pode compatibilizarse co criterio mantido ata o de agora.
Quixera resaltar que xa o propio Tribunal Supremo –pola vía da arquicoñecida sentencia do 9 de maio de 2013, en relación coas cláusulas solo- determinou que o contido dunha hipoteca nunca podería ser negociado individualmente. Era por tanto o modelo por antonomasia de contratación seriada.
A contratación seriada é aquela na que se lle oferta ao consumidor un conxunto de condicións que teñen que ser asumidas como un pack, que non poden ser negociadas individualmente, que se corresponden coa doutrina anglosaxoa de “ou o tomas ou o deixas –take it or leave it-.”
Pensemos en moitos dos contratos de subministro eléctrico, de telefonía, de produtos bancarios… De seguro a meirande parte obedecerá a esta forma de contratación por adhesión.
En ningún deles se negocian as súas estipulacións de forma individualizada e a validez do seu contido quedaría condicionada pola transparencia no proceso de subscrición. A cuestión é que agora, cando xa se consolidou o criterio de que as hipotecas son contratación seriada o único que se podería valorar de xeito individualizado é a comprensibilidade no momento da súa contratación.
O tema que nos ocupa nestes intres é que está a pasar co Tribunal Supremo, cal é o motivo do seu constante cambio de criterio e en que medida estamos a pagar todo isto.
Non nós podemos permitir ir sempre ó rebufo de Europa en materia xudicial, non podemos dicir un día unha cousa e logo a contraria, non podemos limitar a retroactividade en base a criterios macro-económicos…
Merecemos unha xustiza eficaz, seguridade xurídica e un espazo no que se poida contemplar a igualdade ante a lei. No caso contrario seguiremos tendo un ordenamento xurídico que castigue ao delincuente social e que garantice a impunidade do defraudador.



















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



