Lugo, 2 de marzo de 2017. O Goberno xera outros 7 postos de traballo en 3 Concellos da provincia través do DEPUemprego, o plan que o Executivo da Deputación dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Está aberta a solicitude dos 7 empregos que o Goberno da Deputación ofrece en Baleira, Triacastela e Pantón. Máis información en www.deputacionugo.gal e nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.
– En Baleira, ofértanse 2 peóns de obra e 1peón condutor e o prazo está aberto ata o 9 de marzo
– En Triacastela, búscase 3 peóns e o prazo está aberto ata o 7 de marzo.
– En Pantón, ofértase 1 técnico informático e o prazo está aberto ata o 13 de marzo.
Con estes 7 novos empregos, son xa 192 os que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 52 municipios na provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que son 263 os postos de traballo que inclúe este plan polo que nas vindeiras semanas se xerarán outros 71 empregos.
Distribución dos 185 traballadores
Tendo en conta as cifras anteriores, e á espera da vindeira incorporación de 7 novos traballadores en ditos 3 Concellos que resulten beneficiados dos procesos de selección que levarán a cabo os propios municipios; hoxe son 185 as persoas que xa están a traballar en 50 Concellos grazas ao DEPUEMPREGO.
Na Mariña son 30 postos de traballo en 11 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Barreiros, 2 oficiais; Cervo, 5 peóns; Foz, 2 auxiliares administrativos; Ribadeo, 1 auxiliar de turismo, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; en Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico e 1 técnico deportivo; Mondoñedo, 1 educador familiar, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 varredor-peón; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples; e Xove, 1 coidador e 1 administrativo.
Na Terra Chá son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Abadín, 3 peóns; Begonte, 6 peóns; Castro de Rei, 4 peóns de servizos múltiples; Cospeito, 3 peóns; Guitiriz, 2 conserxes, 1 condutor, 1 arquiveiro e 1 dinamizador social; Meira, 2 peóns; Muras, 1 técnico de obras e servizos, 1 auxiliar administrativo, 1 operario condutor, 1 orientador; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor.
Na Comarca de Lugo son 22 postos en 6 Concellos: O Corgo, 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda; Friol, 6 peóns de mantemento de espazos naturais; Guntín, 1 administrativo; Outeiro de Rei, 1 administrativo e 6 operarios; Portomarín, 2 peóns e 1 xardiñeiro; e Rábade, 1 administrativo e 1 peón.
Na Comarca de Sarria son 18 postos en 4 Concellos: O Incio, 7 peóns; Paradela, 4 peóns de obras públicas; O Páramo, 1 animador sociocultural e 3 peóns; e en Sarria, 1 dinamizador e 2 traballadores de servizos varios.
Na Montaña son 19 postos de traballo en 7 Concellos: Baralla, 6 peóns; Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; Negueira de Muñiz, 2 peóns; Navia de Suarna, 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.
Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 36 postos de traballo en 9 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; O Saviñao, 6 peóns, 1 limpador e 1 administrativo; Sober, 1 técnico en informática, 1 auxiliar viticultura técnico en turismo, 1 monitor deportivo, 2 peóns de servizos e 1 pintor; e Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.
Na Comarca da Ulloa son 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns, 2 auxiliares de axuda a domicilio, 1 peón de xestión de residuos e 1 arquitecto; e Monterroso, 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra albaneis e 1 conserxe.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



