Cervo, 05 de abril de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e as edís de Cultura e Turismo, Dolores García Caramés, e Manuela Méndez, respectivamente, presentaron o programa da Semana Santa Cultural do municipio.
Unha axenda que se inaugurará este mesmo sábado co concerto do recoñecido arpista e músico polivalente Rodrigo Romaní, integrante durante máis de vinte anos do Grupo Milladoiro e que a partir do ano 2000 comezou a publicar discos en solitario.
A día de hoxe ten no mercado tres traballos: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012), e nestes intres está a preparar un novo disco que avanzará en primicia neste concerto.
Ademais, tal e como sinalou Caramés, “ao longo da semana proxectaremos películas para todos os públicos. Este mesmo domingo, por exemplo, será a quenda do filme a Praia dos Afogados, ás 20:00 horas”. Unha cinta galega de drama e suspense dirixida por Gerardo Herrero, adaptación da novela homónima do escritor Domingo Villar.
O martes , 11 de abril, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura, e dirixida a un público infantil e xuvenil, proxectarase o filme Maimiño e o Espello Máxico, nomeada á mellor película de animación nos premios Goya 2016.
O sábado, 15 de abril, será a quenda do película Mustang, dirixida a un público xuvenil, na Casa da Cultura, ás 18:30 horas, nomeada á mellor película de fala non inglesa nos Globos de Ouro e nos Óscar de 2015.
Tamén programamos unha actividade que chamamos Enredos de Semana Santa, que será en horario de mañá, os días 10, 11 e 12 de abril, que comprende manualidades, xogos e un obradoiro de cociña para os nenos de infantil e primaria.
E unha novidade que nos gustaría destacar -engadiu-, e que cremos que vai gustar moito, é o obradoiro de drons, que terá lugar o luns, 10 de abril no Pavillón da Veiga en horario de tarde. A inscrición está aberta a partir dos 12 anos de idade e ata os 25. Os interesados en anotarse deben enviar un whatsapp ao teléfono 691656600, ou un correo electrónico a dinamización@concellodecervo.com.
Os inscritos poderán asistir a un espectáculo de pilotaxe e simulación de voo con gafas para cada participante, e ver en primeira persoa como funcionan os drons, tan de moda e con tantas aplicación a día de hoxe”.
O humor será outra peza importante na Semana Santa Cultural de Cervo, co espectáculo Premios Darwin, de Carmen Conde, o mércores 12 de abril, ás 20:00 horas; e o venres, á mesma hora, viviremos outra tarde de risas aseguradas coa recoñecida humorista galega, Isabel Risco, que traerá a Cervo o seu espectáculo Nabiza girl.
Villares quixo destacar que “se traballou na programación dunha axenda completa e variada coa que pretendemos chegar a todos os públicos, para que veciños e visitantes poidan gozar de actividades de ocio ao longo de todo esta período de lecer, e tamén co obxectivo de facilitarles ás familias do municipio diferentes alternativas para conciliar, na medida do posible, a vida familiar e laboral neste días festivos”.

























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



