Lugo, 11 de abril de 2017. O Goberno da Deputación colabora con 33.000 euros coa Semana Santa de Viveiro, declarada cita de Interese Turístico Internacional. Así o comunicou o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, durante o encontro coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Presidente da Xunta de Confrarías de Semana Santa, José Veiga Golpe; e unha ducia de membros das distintas confrarías.
Campos Conde explicou que “dende o Goberno da Deputación achegamos máis de 33.000 euros para colaborar con esta cita, que serve de revulsivo económico e social, xa non só para o Concello, senón tamén para toda a Mariña lucense. Entre as colaboracións da Deputación destacan a carpa Antesala dun Museo, onde están expostos os diferentes pasos da Semana Santa; a edición do libro sobre os Heraldos de Viveiro; así como actividades de promoción e posta en valor da Semana Santa como atractivo turístico da provincia de Lugo, capaz de xerar riqueza”.
O Presidente apuntou que, tal e como leva sucedido nos últimos anos, espérase colgar de novo o cartel de “completo” no que ocupación hoteleira se refire, pois a Semana Santa move, de media, a uns 30.000 visitantes nacionais e internacionais que se achegan a Viveiro a desfrutar dos actos programados durante esta semana.
García Loureiro agradeceu “o compromiso do Goberno da Deputación cun dos eventos máis importantes que temos no Concello de Viveiro” e recoñeceu que “a Semana Santa de Viveiro é hoxe o que é grazas a colaboración provincial, tanto a económica como a de impulso da candidatura de Festa de Interese Turístico Internacional”.
Máis de 160.000 euros
O Goberno da Deputación de Lugo leva colaborado intensamente co Concello de Viveiro e a Xunta de Confrarías para promocionar e pór en valor a Semana Santa deste concello mariñán, un reclamo turístico xa consolidado na provincia. Faino debido á importancia desta cita para a economía local e provincial pois, cada ano, son máis as persoas chegadas de todos os rincóns do estado; así como doutros países, as que deciden desfrutar dun evento que conta co distintivo de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013, candidatura promovida polo Goberno Provincial.
Ademais, nos últimos anos o Executivo Provincial achegou máis de 160.000 euros para colaborar na organización dos actos; así como coa propia Xunta de Confrarías. Realizáronse tamén ducias de obradoiros para nenos, a través da TIC da Deputación e do CENTRAD.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



