LOURENZÁ, 18 de abril de 2017.- O Partido Popular de Lourenzá alerta de que o concello vén de perder unha nova subvención da Xunta de Galicia; o que para os populares supón “unha total deixadez e falta de xestión por parte da alcaldesa”. Concretamente, a axuda “desperdiciada” é a relativa á contratación dun traballador temporal en situación de exclusión social e perceptor da renda de integración social de Galicia (Risga), e que ascende a 9.311 euros.
“Lamentamos que non só se perda unha axuda fundamental para favorecer a inclusión dos beneficiarios, senón que se está desaproveitando unha oportunidade extraordinaria par paliar unha situación de necesidade”. É por este motivo, polo que engaden dende o grupo municipal do PP, que “esta alcaldesa non merece estar no posto que ocupa”.
“Nos temos que corren e coa situación económica que temos, os concellos son a institución máis cercana ao cidadán, por iso resulta inadmisible que unha alcaldesa se permita o luxo de non contratar a unha persoa que o está pasando mal. Isto os veciños teñen que sabelo. Teñen que saber que o Goberno local, no canto de optimizar os recursos, buscando a máxima eficacia e eficiecia e garantindo a calidade dos servizos, está dándolles as costas”, subliñan.
A contratación incluíase na vía de subvencións habilitada pola consellería de Economía, Emprego e Industria, segundo a cal os contratos terían unha duración de sete meses e a xornada sería do 75% da ordinaria. “Non podemos despreciar ningún recurso cando se trata de resolver problemas concretos, como pode ser dar traballo a unha familia que o está a ter serias dificultades”, insisten.
Máis axudas perdidas
Esta non é a única subvención da administración autonómica que o Goberno local “desaproveita” pola súa “nefasta xestión”. Proba delo, é que tal e como denunciaron en días pasados os populares, a entidade municipal tamén perdeu os 35.000 euros para o acondicionamento do aparcadoiro do cemiterio de San Adriano. Neste caso, ao igual que no anterior, a axuda distribúese por orde de presentación, ao non ser en réxime de concurrencia competitiva, pero a alcaldesa presentou a solicitude o último día do prazo, o que provocou que os veciños perdesen esta colaboración.
Grazas a esta subvención, incluída dentro do Plan específico extraordinario nos concellos de Galicia e se a entidade local actuase coa dilixencia que procede e non presentando a solicitude o 27 de xullo (o último día), recibiría a cantidade indicada, tendo que aportar tan só 7.350 euros. É dicir, que a administración autonómica sufragaría o 79% mentres que a endidade local tan só o 21% restante.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



