Lugo, 11 de maio de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, recibiron este xoves no Pazo de San Marcos aos lucenses que se beneficiaron das axudas para deportistas individuais que o Goberno da Deputación ofreceu, en réxime de concorrencia competitiva, por valor de 75.000 euros.
Campos Conde entregoulles un diploma en recoñecemento ao seu esforzo en prol do deporte lucense e subliñou que “estamos tremendamente orgullosos de ter uns embaixadores coma vos, pois levades o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacional e estranxeiro. Somos conscientes das dificultades que supón hoxe en día a práctica deportiva profesional, polos elevados custes de desprazamentos, inscricións en competicións ou material técnico, dificultades que se incrementan no caso dos deportes individuais, por iso quixemos estar ao voso carón e axudarvos, na medida do posible, con estas axudas”.
En total, foron 130 deportistas individuais da provincia de Lugo os que se beneficiaron destas axudas que ofreceu o Goberno da Deputación en réxime de concorrencia competitiva, é dicir ás que puideron optar todos os lucenses interesados, e coas que premiou o esforzo competitivo introducindo novos criterios, totalmente obxectivos, para a súa concesión. As bolsas oscilan entre os 300 e os 2.000 euros.
Foron, concretamente un total de 66 homes (51%) e 64 mulleres (49%) os que recibiron axudas, premiando o esforzo competitivo dos deportistas, posto que por primeira vez, tivéronse en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais.
Distribución das axudas por modalidade
O Goberno da Deputación achegou un total de 75.000 euros dirixidos a premiar o esforzo competitivo dun total de 130 deportistas lucenses. A distribución das axudas é a seguinte:
– Atletismo: concedéronse un total de 47 axudas, por un valor total de 24.743 euros, que representan o 36,1% do total.
– Taekwondo: concedéronse un total de 20 axudas, por un valor total de 13.879 euros, que representan o 15.3% do total.
– Natación: concedéronse un total de 18 axudas, por un valor total de 11.635 euros, que representan o 13.8% do total.
– Piragüismo: concedéronse un total de 15 axudas, por un valor total de 7.762 euros, que representan o 11.5% do total.
– Tiro olímpico: concedéronse un total de 9 axudas, por un valor total de 4.863 euros, que representan o 6.9% do total.
– Tríatlon e péntatlon: concedéronse un total de 8 axudas, por un valor total de 4.411 euros, que representan o 6.1% do total.
– Loita: concedéronse un total de 5 axudas, por un valor total de 3.209 euros, que representan o 3.8% do total.
– Orientación: concedéronse un total de 4 axudas, por un valor total de 2.257 euros, que representan 3% do total.
– Tiro con arco: concedéronse un total de 2 axudas, por un valor total de 758 euros, que representan o 1.5% do total.
– Squash: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 667 euros euros, que representan o 0.7 % do total.
– Karate: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 385 euros, que representan o 0.7 % do total.
4 grupos de beneficiarios
As axudas distribuíronse entre 4 grupos de beneficiarios segundo a idade dos aspirantes a data de 31 de decembro de 2015:
– Ata 16 anos. Son un total de 86 axudas por valor de 49.703 euros, o que representa o 66.1% do total.
– De 17 ata 25 anos. Son un total de 40 axudas por valor de 22.968 euros, o que representa un 30.7% do total.
– De 26 ata 35 anos. Son total de 3 axudas por valor de 1.993 euros, o que representa o 2.3%.
– Deportistas con capacidades diferentes (sen límite de idade). É unha axuda por valor de 336 euros, que representa o 0,7%.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
