Burela, 11 de maio de 2017. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asistiu esta mañá en Vigo á presentación da carreira de atletismo Desafío 15K Series, que patrocina o Banco Mediolanum, e que chegará á Mariña o 29 de outubro. Esa será a xornada na que os asistentes realicen o percorrido comprendido entre Burela e Foz.
O Desafío 15K Series dará comezo o 21 de maio en Ourense, seguirá o 11 de xuño en Arousa Norte, o 1 de outubro os participantes farán o percorrido denominado Atlántico, o 29 de outubro será a quenda para A Mariña e rematará nunha data por concretar en Vigo.
Fernández Rey subliñou que “seguimos a apostar por este tipo de probas polo que supoñen para o deporte, pero tamén para a promoción turística de Burela. Haberá un grande ambiente eses días na zona e consideramos que a nosa participación é positiva para A Mariña e para Burela”.
No acto de presentación que tivo lugar hoxe en Vigo estiveron, entre outros, Abel Antón, campión do mundo de maratón, e o xornalista Terio Carrera.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
