Cervo, 7 de xuño de 2017. D. José Luís Moñita Martín, con DNI 33991744K, veciño de San Cibrao con email, con nacionalidade española. En calidade de representante do partido Compromiso por Galicia en Cervo e tamén en calidade de veciño. Ó Alcalde-Presidente do Concello de Cervo.
EXPÓN:
Na zona de dominio marítimo-terrestre do entrono do faro, acometeuse a petición do Concello de Cervo unha obra: “observatorio ornitoloxíco” a día de hoxe este edificio que nunca foi posto en servicio, esta en estado de abandono e sen uso, causando un grave dano á imaxe dun pobo turístico como é San Cibrao.
Nas augas costeiras de San Cibrao localizanse os maiores resto de Balea Basca, especie xa extinguida, que na idade media trouxo prosperidade o noso Concello. Dende CxG entendemos que esta riqueza cultural e diferenciadora non pode quedar esquecida baixo da area, o contrario pode ser un suplemento ó Museo Provincial do Mar, aproveitando a edificación do observatorio para facer un centro de interpretación da pesac da balea, presnete en toponimos como Atalaia. Por elo, o amparo da, Constitución Española no artigo 29, apartado1 di: “todos os españois terán o dereito de petición individual e colectiva por escrito, na forma e cos efectos que determine a lei”. A Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, desenvolve o dereito de Petición e a Lei 19/2013, de 9 de diciembre, desenvolve a transparencia, acceso a información pública bo goberno.
Como veciño de Cervo e como Secretario Xeral do partido político COMPROMISO POR GALICIA DE CERVO
SOLICITO:
•Que o Concello proceda a pedir a cesión do edicficio de observación de aves e o restaure para uso dotacional e disfrute dos veciños.
•Que se ubique en ese edificio un centro de intrepretación da caza da balea, que complemente o museo do Mar.