Compostela 2-6-17. “Estamos diante dun momento para avanzar na construción de Europa”
Estas son as declaracións que fixo Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de Compromiso Por Galicia, á chegada ao Aeroporto de Santiago da delegación que encabezou en Bruxelas.
“A valoración da xornada de traballo de Compromiso coa nosa eurodeputada, Izaskun Bilbao Barandika, non pode ser máis positiva pronto darán froito para Galicia as medidas presentadas en distintos estamentos da Unión Europea, Galicia a través de CxG ten fío directo para dar a coñecer aqueles problemas que afectan ao noso Pobo.
Agradecer aos colectivos a súa presenza con nós por elixir a CxG como interlocutor fiable con Europa. Traballando con humildade para que Galicia avance. Iniciativas que afectan a todos os eidos sociais, e que máis cedo que tarde traerán luz a certas sombras da realidade galega.
CxG vai estar presente na negociación da PAC, traballando directamente nas Administracións de Europa, co serio compromiso de acercar a acción política a Galicia, asegurando que se vai ter un peso específico que se irá vendo, aplicando Iniciativa, Coherencia e Constancia.
CxG estará pendente de que Galicia teña voz propia no proceso do Brexit que necesariamente vai afectar a un sector estratéxico da nosa economía como é a pesca de altura, que pouco ou nada importa o goberno do estado, empurrando para garantir a continuidade do sector.
Demandamos do Estado a reclamación de maior peso político, facendo forza para estar mais representados cando o brexit sexa efectivo, como fan outros, na re- configuración necesaria de Europa e na re- organización dos 73 eurodeputados de Reino Unido.
É momento de construír unha Europa dos pobos, máis social. A conxuntura do brexit ten que ser a espoleta do cambio das accións de construción europea, temos que facer Europa dende abaixo, traballando na unión dos pobos e non en teimas de estados e inmobilismos.”
