Mondoñedo 6-6-17. Por noveno ano consecutivo, a Asociación Cultural O Pasatempo organiza o torneo de fútbol-sala O Pasatempo en Mondoñedo.
Este ano a data de celebración será o 16-17-18 Xuño.
Equipos galegos, asturianos e leoneses danse cita nun pavillón mindoniense ateigado os 3 dias (destacando as noites do venres e sábado), e xogadores da Primeira, Segunda, Segunda b e Terceira división do futbol-sala nacional compiten polo trofeo, nunha cita xa clásica e ineludible para os amantes do fútbol-sala.
Unha autentica festa do fútbol-sala, “Máis que un torneo…”
Premios:
– 1° clasificado 1800€ + trofeo
– 2° clasificado 750€ + trofeo
– 3° e 4° clasificados 250€ + trofeo
– Mellor equipo local 150€ + trofeo
– Último clasificado: tarta de Mondoñedo
– Trofeo ó mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro (todos os trofeos son artesanais) e premio tamén para o MVP da final, elexido polo público asistente.
Trofeo para a persoa do público que máis horas bote no pavillón.
A inscrición é de 120€. Grandes descontos no aloxamento nos hostais da cidade para os equipos participantes, ademais dunha zona de acampada gratuíta.
O prazo de inscrición continúa aberto, coas últimas plazas dispoñibles.
Para apuntarse: 679763105 e 651958770 (tamén por whatsapp)