Lugo, 1 de maio de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Vicepresidente, Manuel Martínez Núñez, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participaron este xoves na tradicional campaña de cuestación que organiza anualmente a Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Este ano, o obxectivo desta campaña é visibilizar ás 40.000 persoas con cancro que viven soas, coa instalación de 2.500 mesas distribuídas por todas as comunidades autónomas de España.
O Goberno da Deputación colabora con este colectivo, non só situando unha destas mesas no Pazo de San Marcos, senón tamén con achegas económicas de xeito anual. En efecto, no ano 2016, o Executivo Provincial concedeu unha axuda económica de 4.000 euros á delegación lucense da AECC para poñer en marcha un programa de atención integral ás persoas enfermas de cancro e aos seus familiares.
Campos Conde subliñou que “na nosa aposta por facer desta Deputación unha Deputación coas persoas, colaboramos con todos os colectivos da provincia na loita contra o cancro. Así, ademais do traballo conxunto que realizamos coa AECC tamén realizamos unha achega de 3.600 euros a Somos Unidos Contra o Cancro coa que financiamos o aluguer dun piso de acollida para persoas con este tipo de doenza”.
Campos Conde engadiu que “un de cada tres homes e unha de cada catro mulleres serán diagnosticados de cancro ao longo da súa vida. Porén, segundo datos da AECC, aproximadamente o 40% dos cancros poderíanse evitar levando un estilo de vida saudable. Por iso, é fundamental que todas as institucións colaboremos na súa prevención e investigación, especialmente dende o Goberno Central, xa que nos últimos anos recortou nun 60% os fondos dedicados á investigación”.
O cancro é unha das enfermidades máis prevalentes en España e na Unión Europea. É a primeira causa de morte no noso país: en torno a 100.000 defuncións ao ano, o que supón o 25% de todas as mortes. Estímase que cada ano rexístranse ao redor de 250.000 casos novos.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



