Lugo, 1 de xuño de 2017.- O Grupo Provincial do PP pide a dimisión dos responsables do PSOE na Deputación de Lugo, que cos seus líos internos paralizan de novo a apertura das residencias.
“O problema é gobernar en minoría pensando que estás con maioría absoluta. Que é o que pasa, só buscan a confrontación. Xa non sabemos nin quen mandan, nin quen é o interlocutor, algún debería asumir responsabilidades destes dous anos de esperpento continuo. Alguén debería presentar a dimisión nesta institución, non sei se o presidente, que os propios compañeiros lle acaban de dicir o outro día que non é digno para seguir como presidente de Suplusa, pero se non é el, polo menos alguén ten que asumir as responsabilidade desta desfeita. E novamente pedímoslle que rectifique porque a provincia necesita unha institución estable, sólida, solvente e que traballe só pensando na xente e non nas súas desavenencias e nos seus debates internos”, afirmou a voceira do PP, Elena Candia nunha comparecencia ante os medios.
67 persoas á espera
“Din que non lles importan os sillóns e levan dende o ano 2015 pelexando agora ti, agora eu, agora dedicación, agora césote, agora noméote, en definitiva, pola parte que nos toca pedimos desculpas a cidadanía pero o único que intentamos é desbloquear as institucións”. Así, o PP coa súa proposta do martes buscaba que as persoas que foron seleccionadas en maio do 2015 e ás que o presidente anterior e este lles comprometeron un posto de traballo en varias residencias da nosa provincia, puideran empezar a traballar”.
Mercantilizan a institución
Candia explicou que Cando Martínez se integrou novamente en febreiro no Goberno “este Grupo pedía que ensinaran o acordo ao que chegaron porque se falaba dun documento que se firmaba a portas cerradas, sen que os lucenses o coñecesen, e o que era máis grave, non é que afectara a acordos internos dentro do PSOE, senón que o instrumento de cambio, a moeda de cambio, o que se estaba mercantilizando era a institución provincial. E, novamente, un e outro recoñece que tiñan un pacto encuberto para cambiar de sillón”.
Candia rexeitou que Campos defina a situación como unha emboscada, acusando ao Partido Popular. “Debémoslle recordar ao presidente, expuxo, que Darío non ten o problema no PP, que o problema realmente teno no seu Grupo e especialmente cos seus compañeiros do Grupo Socialista. Iso debe levalo a reflexionar cando fai esas declaracións, porque se analizamos o pouco ou moito que fixo ben no tempo que leva con responsabilidade na presidencia foi grazas ao apoio do PP”.
De feito, engadiu, “o Grupo que lle puido dar estabilidade para resolver os problemas da provincia, que son os orzamentos, foi o PP, e o acordo principal que desbloqueou unha situación inasumible foi tamén grazas a esa responsabilidade do Partido Popular, algo que debe quedar claro e hoxe máis que nunca debemos de dicilo”.
Campos, un presidente sumido na desidia
O PP explicou que se teñen feito numerosas peticións por rexistro dirixidas a Suplusa, que o presidente literalmente desatendeu. “Non é que non denegue ou non aprobe, é que simplemente non tramita, e a todas as convocatorias tivemos que ir tirando de normativa e ir a unha convocatoria automática, por exemplo, o que acabamos de facer hoxe, o que xustifica que efectivamente hai que cambiar o presidente”.
Elena Candia preciso que o seu partido solicitou hai un mes unha petición de consello para inscribir Suplusa no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, unha decisión que non o decidimos nós, que se acordou no ano 2010 para xestionar as residencias. Hoxe celébrase o consello por convocatoria automática, porque o presidente no convoca, celébrase 40 minutos tarde pola tardanza do presidente e a sorpresa vén cando Campos decide deixalo sobre a mesa. “Novamente a situación das residencias está paralizada por un problema de entendemento e un por un problema político de Campos co PSOE”.
Vai expedientar agora o PSOE a Martínez?
A popular recordou que, igual que xa pasou hai case dous anos, un deputado do PSOE, Manuel Martínez, considera que Darío non ten a confianza del para ser presidente. Daquela non era presidente da institución, aquela circunstancia deu lugar a unha apertura dun expediente, a unha expulsión, neste caso non sei o que vai facer o Partido Socialista porque de novo rompeu a disciplina de voto.
De feito, Martínez vota a urxencia co PP, pero logo no debate hai diferenza de criterio e non todos os socialistas votan o mesmo cando o que se pedía era claro: rematar coa parálise que vive Suplusa.
Novo presidente
En canto á elección dun novo presidente de Suplusa, a voceira afirmou que o seu partido tomará posición “cando chegue o momento”, advertindo que o importante non é quen ocupe a silla, senón o proxecto a desenvolver e os beneficios que este represente para a provincia.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



