Lugo, 1 de xuño de 2017. O Goberno da Deputación ofrece 3 novas accións formativas para 45 lucenses menores de 30 anos no paro, que inclúe o LUGOWORK. É o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Executivo Provincial, cun total de 2 millóns de euros que captou da Unión Europea a través da EOI. Con este plan aténdese tanto a formación dos rapaces como as axudas ás empresas para a súa contratación.
Tras unha primeira fase de formación, os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Pra iso, o Goberno da Deputación abrirá unha convocatoria pública, dirixida ás empresas lucenses, ofrecéndolles axudas de 4.200 euros para a contratación dos mozos que conclúan con éxito esta formación. Despois da consulta ás propias empresas, os traballadores saen cun perfil formativo que tenta cubrir as necesidades demandadas polos empresarios da provincia.
Os interesados en participar nestes 3 cursos, deberán estar inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil. Poden facer a súa solicitude ata o 15 de xuño, incluído, en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es.
Os novos cursos son:
1.- Curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público. Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán contidos dirixidos a habilidades sociais e de comunicación, ofimática e técnicas administrativas básicas e coñecementos sobre ventas online e offline.
2.- Mantemento de aeronaves. Neste curso de familiarización co mantemento de aeronaves, mediante formación teórico-práctica impartida por profesionais do aeroclub de rozas, os 15 alumnos, coñecerán as distintas áreas de mantemento de aeronaves, imprescindibles, para iniciar a súa carreira profesional. O Executivo Provincial ofrece esta acción formativa, debido á demanda e evolución do sector aeronáutico.
3.- Curso de Emprendemento. Está dirixido a 15 mozos que teñan unha idea de negocio e queiran montar unha empresa. Deste xeito, os participantes terán un titor asignado que os asesorará en aspectos coma os modelos de negocio, ou estratexias de vendas, entre outros. Esta liña do LUGOWORK inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que os participantes poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.
Outros 91 mozos en 6 cursos
Na actualidade, xa están en marcha 6 accións formativas, nas que participan outros 91 mozos: Os cursos son:
1.- Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES, no que participan 15 lucenses. É impartido por AGESTIC na cidade de Lugo. O Goberno da Deputación decidiu reeditar este curso xa que, tanto os alumnos como o propio mercado, amosaron un grande interese en ofrecer formación en novas tecnoloxías para poder aplicar, nas empresas lucenses, ferramentas informáticas coas que crear valor engadido.
2.- Aplicacións e Manexo de Sistemas Aéreos non Tripulados – Drons. Hai 2 cursos sobre Drons debido a gran demanda. Nestes participan 34 lucenses. Son impartidos en Lugo por profesionais do aeroclub de rozas. Con esta acción formativa, o organismo provincial cubre a necesidade de formación nun dos nichos de mercado en expansión con máis posibilidades de crecemento.
3.- Socorrismo en instalacións acuáticas. Esta acción formativa é impartida pola Cruz Vermella e ten lugar nas instalacións desta organización na capital lucense e no Club Fluvial de Lugo. Con este curso, os 15 participantes adquirirán unha axeitada preparación física e técnica no medio acuático para poder traballar como socorristas en piscinas.
4.- Socorrismo en espazos acuáticos naturais. Esta acción formativa tamén a imparte a Cruz Vermella e ten lugar nas súas instalacións na capital luguesa e na do Club Fluvial. Con este curso, outros 15 rapaces adquirirán unha adecuada preparación física e técnica para poder traballar como socorristas en praias ou ríos. Coñecerán, por exemplo, as técnicas de salvamento, reanimación e prestación de primeiros auxilios ás vítimas de accidentes ata a chegada dos profesionais sanitarios. Campos Conde coñeceu hoxe aos participantes neste curso.
5.- Curso de cociña e servizo de restauración. Esta acción formativa é impartida por profesionais da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. Con este curso, os 12 participantes desenvolverán todo tipo de servizos relacionados co ámbito alimenticio e a restauración. Ademais de recibir un curso básico de inglés para poder desenvolverse no seu traballo con clientes internacionais.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



