Burela, 1 de xuño de 2017. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia acompañaron onte pola tarde aos usuarios da asociación Camiña a visitar a Centro Veterinario A Marosa.
Segundo explican as propias monitoras “foi unha visita-guiada por persoal da clínica que nos explicou e amosou as distintas dependencias: salas de cura, quirófano, sala de lavado e corte de pelo, etc”.
A asociación Camiña e as monitoras do Centro Gaia pertencentes á Delegación Municipal de Medio Ambiente están moi agradecidos pola atención, amabilidade e polas explicacións recibidas a todo o equipo da Clínica.
A edil Noelia Mª Ben contou que “a través destas iniciativas intentamos concienciar aos rapaces de que ter un animal de compañía na casa non é ter un xoguete, os animais precisan uns coidados en canto a alimentación, vacinación, recollida de excrementos, colocación de chips, etc. Polo tanto, cando temos un animal debemos que comprometernos a proporcionarlles os coidados que precisan”.