Ribadeo, 7 de xuño de 2017.- No XIV Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías benxamín e prebenxamín, que se celebrará na localidade os días 10 e 11 de xuño, participarán 37 equipos procedentes de Asturias, León, Extremadura, Portugal e Galicia. O torneo foi presentado no Concello coa asistencia do concelleiro e do técnico municipal de Deportes así como de representantes da entidade organizadora.
O vocal da SD Ribadeo Francisco José Muíña dixo que “se trata del décimo cuarto torneo de fútbol base que se celebra los días 10 y 11 de junio, sábado y domingo, en las categorías prebenjamín y benjamín”.
Francisco José Muíña explicou que “en la categoría prebenjamín participarán clubs de Asturias, Galicia y León. Y de la categoría benjamín de Asturias, Galicia tanto de las provincias de Pontevedra como Coruña y Lugo, Portugal y un equipo de León y otro de Extremadura. En total de los prebenjamines hay 14 equipos y de los benjamines 23. Se le hace el I Memorial a Paco de la Canela, como en el anterior de infantiles que fue este fin de semana pasado”.
O representante da SD Ribadeo manifestou que “la participación es más o menos igual que el año pasado. Contamos que se mueva bastante gente por el pueblo. Habrá unas mil personas porque como son niños pequeños vienen con los padres, abuelos y otros familiares”.
Francisco José Muíña comentou que “se van a hacer sorteos para la mejor afición, que también lo hubo este fin de semana, a la afición que más anime, sorteos para tener a la gente entretenida, de camisetas, jamones, etc.. lo que la gente del pueblo nos va regalando. Se pretende fomentar el deporte del fútbol base y los buenos modales. No solamente ganar, sino competir y mostrar respeto con los demás clubs, que tengan un día en familia todos y que lo pasen bien que es de lo que se trata”.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, David Rivas, aludiu á labor realizada pola SD Ribadeo cos rapaces durante todo o ano e engadiu que “van vir a Ribadeo unha cantidade inmensa de nen@s e de familias acompañantes, o que suporá un punto moi importante na dinamización hostaleira e comercial da vila”.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
