Lugo, 4 de xullo de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este martes no circuíto de A Pastoriza, xunto ao Alcalde do Concello, Primitivo Iglesias Sierra, a Tenente de Alcalde, Elva Carrera González, e o director da Escuela PTC, Antonio Solórzano, o VI Volante Deputación, que organiza o Executivo Provincial en colaboración co equipo de competición PTC, cunha achega de 17.000 euros, co obxectivo de fomentar o deporte base nunha modalidade con tanto arraigo na provincia como é o automobilismo.
Na presentación tamén participaron os familiares de Antonio Pérez Montecelo, director de carreira da Escudaría Miño e presidente do Club de Triatlon Cidade de Lugo, que faleceu o pasado mes de xaneiro e ao que este ano, como novidade, se lle dedica a sexta edición do Volante Deputación.
Rivera Capón destacou que “o evento terá dúas partes claramente diferenciadas: unha formativa e outra puramente competitiva, posto que o gañador desta nova edición do Volante Deputación terá a oportunidade de competir no XXXIX Rally San Froilán. Trátase, polo tanto, dunha iniciativa que combina deporte e formación, posibilitando ó gañador pilotar un Suzuki Swift Sport nun dos rallis con maior prestixio de Galicia”.
O organismo provincial puxo en marcha no ano 2012, en colaboración co Concello de A Pastoriza e a Escuela de Perfeccionamiento y Técnicas de Conducción (Escuela PTC), esta iniciativa na que, ademais do compoñente formativo, destaca a oportunidade que se lle brinda aos participantes de competir por unha praza no Rally San Froilán.
O prazo de inscrición estará aberto a partir do venres 1 de setembro ás 9:00 horas ata o mércores 13 de setembro de 2017 ás 24:00 horas. A selección dos participantes, todos eles lucenses de entre 18 e 35 anos, farase por estrito orde de entrada das solicitudes que se deberán enviar ao correo electrónico piloto@ptcescuela.com cubrindo un formulario que se poderá descargar da web www.ptcescuela.com, ata cubrir as 185 prazas existentes.
Programa
Os días 16 e 17 de xullo os asistentes, despois de recibir formación en técnicas de condución, pasarán un proceso de selección cronometrado, do que resultarán elixidos 14 semifinalistas que continuarán con formación específica para afrontar unha segunda proba cronometrada, que determinará quen son os tres mellores. Destes, o mellor tempo (primeiro clasificado) será o piloto titular para participar no 39 Rally San Froilán, quedando os outros dous clasificados como pilotos suplentes.
O tres recibirán antes da celebración de dita proba unha formación específica de competición, para que tanto o titular como os suplentes poidan afrontar a proba con todas as garantías. Esta formación divídese en varios apartados con cursos no circuíto, formación en toma de notas, test na estrada, etcétera.
Rematado todo este proceso, o piloto titular e o copiloto participarán dentro da estrutura do equipo de competición de PTC Escuela no Rally San Froilán aos mandos dun Suzuki Swift Sport, con todos os gastos pagos, realizando test do vehículo de competición, adestramentos da proba e o propio rallye.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



