Levouse a cabo ao longo do sendeiro azul desde a praia de Ril ata O Cantiño. As monitoras relataron que “os participantes aprenderon a ubicarse usando brúxulas e mapas ao longo de todo o sendeiro observando en todo momento o entorno natural que nos rodea. E nós fómoslles explicando algúns dos elementos e características da paisaxe da costa burelesa”. Pola súa banda a concelleira de Medio Ambiente, Noelia M.ª Ben, destacou que “con estas iniciativas preténdese fomentar e divulgar actividades no entorno natural”.
