Lugo, 4 de xullo de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, acompañado da Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este martes, nos xardíns do Pazo de San Marcos, as Actividades infantís e xuvenís de verán. É a programación gratuíta que o Goberno da Deputación ofrece a rapaces de 7 a 16 anos durante os meses de xullo e agosto. Inclúe un campamento de teatro urbano e 46 obradoiros de distintas disciplinas culturais. O Executivo Provincial leva estas actividades ao conxunto da provincia, pois terán lugar nas rúas da capital lucense, nas instalacións do CENTRAD, tamén na cidade, e nos 4 Museos da Rede Museística Provincial, situados en Lugo, Friol, Monforte de Lemos e Cervo. Son máis de 800 prazas sen custe para os participantes.
Campos Conde subliñou que “con esta programación, queremos dar a coñecer aos máis pequenos distintas disciplinas culturais dun xeito ameno, e ofrecer ás familias actividades gratuítas que lles axuden a conciliar a vida laboral e familiar”.
Campamento de Teatro Urbano
O Goberno da Deputación ofrece durante os meses de xullo e agosto un campamento de teatro, totalmente gratuíto, dirixido a 120 nenos de entre 7 e 14 anos. Terá lugar no casco histórico da capital lucense. Esta iniciativa busca fomentar entre os rapaces as artes escénicas e promover o centro da cidade lucense. Os participantes realizarán xogos e obradoiros diarios de teatro, caracterización de personaxes, improvisación, vestiario, danza, música e ritmo. Ademais, un actor famoso impartirá unha masterclass aos rapaces durante unha das xornadas.
Os interesados deberán chamar ao 982 21 00 66 ou enviar un correo a info.centrad@deputacionlugo.org co obradoiro solicitado, datos persoais e número de teléfono.
O Campamento divídese en 4 grupos:
– Grupo 1, do 17 ao 31 de xullo de 9:00 a 13:00 horas.
– Grupo 2, do 17 ao 31 de xullo de 16:00 a 20:00 horas.
– Grupo 3, do 1 ao 9 de agosto de 9:00 a 13:00 horas.
– Grupo 4, do 1 ao 9 de agosto de 16:00 a 20:00 horas.
Programación CENTRAD
O Executivo Provincial a través do Centro de Artesanía e Deseño ofrece 6 obradoiros, totalmente gratuítos, co obxectivo de introducir aos pequenos e aos mozos nos oficios artesáns a través das coleccións e materiais cos que conta o CENTRAD.
Todos os obradoiros terán lugar no propio Centro de Artesanía e Deseño de 11:00 a 13:00 horas. Os interesados deberán chamar ao 982 21 00 66 ou enviar un correo a info.centrad@deputacionlugo.org co obradoiro solicitado, datos persoais e número de teléfono.
Os obradoiros son:
– Do 10 ao 14 de xullo, terá lugar o obradoiro de encadernación estilo tradicional xaponés. Os rapaces realizarán encadernacións tradicionais xaponesas con dúas técnicas distintas de cosido para cada un dos traballos. Dirixido a nenos a partir de 11 anos. Número de prazas:10.
– Do 17 ao 21 de xullo, terá lugar o obradoiro do moble. Os participantes construirán unha caixa de madeira a través de distintas técnicas artesanais. Dirixido a nenos a partir de 11 anos. Número de prazas:10.
– Do 26 de xullo ao 4 de agosto, terá lugar o obradoiro Pequenos inventores. Está enfocado nos antigos inventores como Leonardo Da Vinci, Herón ou Arquímedes, entre outros. Deste xeito os cativos aprenden historia ao mesmo tempo que constrúen os inventos de forma artesanal. Dirixido a nenos a partir dos 8 anos. Número de prazas:10.
– Do 7 ao 11 de Agosto, terá lugar o obradoiro de encadernación estilo tradicional xaponés. Os rapaces realizarán encadernacións tradicionais xaponesas con dúas técnicas distintas de cosido para cada un dos traballos. Dirixido a nenos a partir de 11 anos. Número de prazas:10.
– Do 16 ao 18 e do 21 ao 25 de Agosto, terá lugar o obradoiro de construción de Instrumentos musicais. O obxectivo principal e que os alumnos coñezan e valoren a música e os instrumentos musicais que se conservan nos fondos da Colección permanente de instrumentos musicais tomando conciencia do seu papel na transmisión e conservación de coñecementos para as futuras xeracións. Dirixido a nenos a partir de 10 anos. Número de prazas: 10.
– Do 28 ao 31 Agosto, tera lugar o obradoiro Decora as túas prendas. Os rapazaces decorarán prendas de roupa e complementos con diversas técnicas artesanais. Dirixido a nenos a partir de 11 anos. Número de prazas: 10 prazas.
Programación nos 4 museos
O Goberno da Deputación ofrece máis de 600 prazas para 40 obradoiros infantís nos 4 museos da Rede Museística Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar (Cervo), Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos). A inscrición pódese facer nas oficinas dos museos ou nos números de teléfonos respectivos. Dentro da programación de actividades hai obradoiros de teatro, cine, gravado, literatura ou pintura, entre outros.
Museo Provincial de Lugo
O número de teléfono para inscribirse nas actividades deste museo é 982242112.
– O 4 de xullo de 11:00 a 13:00 horas o Obradoiro: Na arca aberta, o xusto peca. Idades: de 7 a 9 anos. Participantes: 15.
– O 5 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Letra Creativa (literatura). Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
-Os días 6 e 7 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Campamento de arqueoloxía. Idades: de 9 a 14 anos Participantes: 20.
– O 11 de xullo de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: Escenarios (Artes plásticas). Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– Os días 12 e 13 de xullo de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: Volumes, figuras, formas Idades: de 8 a 12 anos. Participantes: 12.
– Os días 18, 19 e 20 de xullo de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: Maruja Mallo. Idades: de 8 a 14 anos. Participantes: 15.
– O 21 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Cinema. Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– O 27 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Teatro. Participantes: 15.
– Os días 8, 9 e 10 de agosto de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Arqueoloxía para nen@s Idades: de 5 a 8 anos. Participantes: 15.
– Os días 8, 9 e 19 de agosto de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: Gravado (Ex Libris) Idades: de 10 a 16 anos. Participantes: 15.
– Os días 5, 6, 7 e 8 de agosto de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: De contos. Idades: de 12 a 15 anos. Participantes: 15.
– Rutas literarias. Actividade dirixida a todas as idades. Hai catro rutas : a do Botón, a do Gato, a do Anel e a do Pozo. Cada unha das rutas está inspirada nun relato de libro: “Contos de medo no Museo” no que participaron cos seus textos Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Xose A. Neira Cruz e Antonio Reigosa, e ilustrados por Javier Huerga. Duración: entre 60 e 70 minutos Todos os sábados, ás 11:30 horas.
Museo Pazo de Tor
O número de teléfono para inscribirse nas actividades deste museo é 982165534.
– O 6 de xullo de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: Na arca aberta, o xusto peca. Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– O 7 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Letra Creativa (literatura) Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– O 13 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Escenarios (Artes Plásticas) Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– O 15 de xullo de 12:00 a 13:30 horas o Obradoiro: Enredando con fíos Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: sen límite.
– O 19 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Cinema Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– O 22 de xullo de 12:00 a 13:30 horas o Obradoiro: A Guía Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: sen límite.
– O 25 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Teatro Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– Os días 27 e 28 de xullo o Obradoiro: Campamento De Arqueoloxía Idades: de 6 a 10 anos. Participantes: 20.
– O 4 de agosto de 12:00 a 13:30 horas o Obradoiro: Abaneándonos En Tor Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: sen límite .
– O 5 de agosto de 12:00 a 13:30 horas o Obradoiro: Coñecendo Galiza a través de Domingo Fontán. Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: sen límite.
Museo Provincial do Mar
O número de teléfono para inscribirse nas actividades deste museo é 982594572.
– O 5 de xullo de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: Convertémonos en arqueólogos subacuáticos Idades: de 4 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Prazas: 15.
– O 12 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Gardiáns do mar Idades: de 4 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Prazas: 15.
– Os días 13 e 14 de xullo de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Campamento De Arqueoloxía Idades: de 6 a 10 anos. Participantes: 20.
– O 19 de xullo de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: No Museo Re-Sopra Idades: de 4 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Prazas: 15.
– O 26 de xullo de 11:30 a 13:00 horas o Obradoiro: Vento Mareiro Idades: de 4 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Prazas: 15.
– O 2 de agosto de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Escenarios (Artes Plásticas) Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– O 3 de agosto de 11:30 a 13:30 o Obradoiro: Teatro Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– O 4 de agosto de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Cinema Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
– O 10 de agosto de 11:30 a 13:30 horas o Obradoiro: Letra Creativa (Literatura) Idades: de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Participantes: 15.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
O número de teléfono para inscribirse nas actividades deste museo é 982375156.
– O 4 de xullo de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Letra Creativa (literatura) Idades: Club Pequeamig@s. Participantes: 15.
– O 7 de xullo de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Na arca aberta, o xusto peca Idades: Club Pequeamig@s Horario: de 12:00 a 14:00 horas Datas: 7 de xullo Participantes: 15.
– Os días 12 e 13 de xullo de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Ferro e aceiro; defender San Paio é o primeiro! Idades: Club Pequeamig@s. Participantes: 15.
– O 14 de xullo de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Escenarios (artes plásticas) Idades: Club Pequeamig@s Participantes: 15.
– O 18 de xullo de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Cinema Idades: Club Pequeamig@s. Participantes: 15.
– Os días de 20 e 21 de xullo de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Campamento de arqueoloxía Idades: de 6 a 10 anos. Participantes: 20.
– O 26 de xullo de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Teatro Idades: Club Pequeamig@s. Participantes: 15.
– Os días 9 e 10 de agosto de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Ara que te ararás, a túa terra cultivarás Idades: Club Pequeamig@s. Participantes: 15.
– Os días 23 e 24 de agosto de 12:00 a 14:00 horas o Obradoiro: Anacos de luz na Idade Media Idades: Club Pequeamig@s. Participantes: 15.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



