A Mariña, 14 de xullo de 2017. O BNG na Mariña presentou a campaña polo 25 de xullo “Día da Patria Galega” que este ano celebrará baixo o lema “Galiza a nación que compartimos”, para simbolizar a aposta por un novo país, inclusivo e beneficioso para todos e todas. Esta idea está presente no traballo político do Bloque ao longo dos últimos meses e está presente tamén no lema e na representación visual da cartelería, cunha suma de mans estendidas e unidas a favor dun país novo.
Cita no Festigal e facilidade para asistir á manifestación do día 25 en Compostela.
Desde a formación nacionalista animan a participar a persoas e colectivos nos actos do 25 de xullo en Compostela, a comezar polo Festigal que se celebrará os días 24 e 25 na Carballeira de Santa Susana organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre e que contará con actuacións musicais, culturais e como todos os anos será un evento onde se mostrará o mellor da Galiza viva e moderna na que vivimos.
E por último a mobilización do 25X en Compostela que partirá da Alameda ás 12 da mañá para rematar como é tradicional na Praza da Quintana. Para facilitar a asistencia favorecerase o transporte colectivo coa posta a disposición de autobuses ao prezo de 5 euros para os que se deberá reservar praza chamando ao tlf. 982140654 ou ben no enderezo electrónico amarinha@bng-gal.