Burela, 25 de agosto de 2017. Deu comezo a terceira edición da Feira do Libro de Burela. A inauguración oficial será o sábado co pregón que correrá a cargo de Marica Campo. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convida a todos a participar na feira e nas actividades paralelas que se van desenvolver estes días.
Alfredo Llano lembrou que “mañá sábado imos facer a apertura oficial da Feira con Marica Campo como pregoeira, Pilar García Porto para representar á parte institucional da Deputación, o concelleiro de Burela, José Díaz, e mais eu”.
O alcalde quere “animar a todo o mundo que estea preto ou non tan preto de Burela para formar parte do ambiente que conforma unha celebración do libro, que consideramos que é interesante e debemos promocionar todos de maneira activa”.
Llano subliñou que “non é unha feira do libro sen máis e soamente con casetas vendendo libros, senón que esta feira singularízase no debate. Durante estes días haberá presentacións de obras, pero tamén estaremos debatendo sobre esas obras e sobre diversos temas. Se trata de participar e ver cómo se pode debater, e as actividades que vai haber estes días penso que van dar moito corpo e moitísima forza á nosa Feira do Libro”.
