Lugo, 25 de agosto 2017. O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Trabada, Mayra García supervisaron este venres pola tarde as obras da estrada de Fórnea, Vidal e Valboa, cun investimento de 150.000 euros; e as do polideportivo de Sante que contan cun investimento 42.000 euros.
“Dende a Deputación de Lugo favorecemos a igualdade de oportunidades nesta provincia envellecida. E sempre dixemos que queríamos unha Deputación coas persoas, social e co rural; por iso a nosa prioridade é atender ás demandas dos veciños e dos Concellos, con novas prestacións públicas, como hoxe en Trabada”, sinalou.
Novas actuacións dotadas de 55.000 euros de remanentes
O goberno da deputación financia con 55.000 euros máis melloras en viais municipais. Trátanse de fondos de remanentes de obras executadas no Concello, que tal e como acontece neste caso o organismo provincial permite reinvestir no propio Concello de Trabada. Estas obras son actuacións de rexeneración do riego asfáltico de máis de 1.500 metros, nas parroquias de Trabada, Sante e Valboa. Concretamente no núcleo de Sequeiro ata Lavandeira; dende Cabanas a Biduedo; así como os acceso de Casanova de Abaixo; Margaride; Barreiros e Xuga.
A rexedora agradeceu a implicación do Goberno da Deputación nestas novas dotacións. “Por un lado damos resposta á demanda veciñal, e ao mesmo solucionamos un problema que a propia Xunta non foi quen de dar resposta, xa que estas obras estaban contempladas no Plan de Melloras de Infraestruturas, pero foron rexeitadas. Dende o Concello de Trabada entendemos que son obras moi necesarias para todos os veciños que viven e traballan no rural, por iso priorizamos estes accesos”, explicou.
Mellora dunha estrada que conecta co Hospital da Costa
Campos Conde e García Bermúdez, acompañados de veciños supervisaron as obras de acondicionamento da vía de “Fórnea, Vidal e Valboa”. Esta estrada transcorre principalmente por Trabada, aínda que hai treitos que discorren por deslindes de Ribadeo e Barreiros. O Goberno da Deputación acordou financiar con 150.000 euros a mellora do firme con rego asfáltico de 7 quilómetros. Estas actuacións, para as que se coordinaron as 4 administracións locais mencionadas, benefician directamente aos 500 veciños que viven nunha vintena de núcleos rurais nas parroquias de Vidal, Fórnea e Valboa. Trátase dunha estrada moi empregada, pois conecta a zona co Hospital da Costa.
Melloras en dotacións deportivas públicas
Os mandatarios, tamén visitaron as obras de substitución da cuberta do pavillón deportivo municipal, que se sitúa no núcleo rural A Igrexa, da parroquia de Sante. O Executivo Provincial achega 40.000 euros e o Concello 2.000.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



