O Valadouro 25-8-17. A vindeira semana, entre o 30 de agosto e o 6 de setembro de 2017, comeza como xa é tradición desde fai 32 edicións a mostra de teatro afecionado no concello de O Valadouro. As representacións comezan con dous grupos de orixe valadourense.
o primeiro é o grupo de teatro ESCOURIDAL que representará unha obra orixinal de Pepe Peinó denominada Bracura. Este grupo leva este nome polo nexo de unión que forma a fervenza do mesmo nome e como similitude entre os rapaces que tamén lles gusta o teatro e viven nos dous concellos. Estes actores xa formaron parte de grupos de teatro cando eran novos e con ese gusanillo que sinten ó actuar queren rememorar vellos sentimentos.
o segundo día, tócalle o turno ó grupo IMPROVISADOS baixo a dirección e coordinación de Ton Arenas e froito dun obradoiro de teatro afecionado no que ós actores aprender a interpretar e escenificar o seu traballo. Nesta ocasión a peza que van a interpretar denomínase Ao Revés.
O venres, 1 de setembro tócalle o turno a ungrupo que xa levaba unha serie de anos que non actuaba nas taboas de Valadouro e é o grupo de teatro Pico do Faro de A Roda (Tapia) que escenificarán unha peza orixinal de Gonzalo González denominada “Borrón e Conta Nova”.
O sábado, 2 de setembro, tócalle o turno á mostra folclórica para coller forzas para catro días máis de actucións.
así deste xeito, o domingo 3 escenificará A Adala a obra O que hai que ver ó volver ácasa… unha adaptación do propio grupo.
Outro grupo que xa leva anos sen vir a Valadouro é Metátese Teatro e vai a interpretar unha obra propia que levará por título O euromillón.
E rematamos unha semana de teatro intensa coa actuación de dous grupos con grandes seguidores no esceneario de Ferreira como é Axouxeres de Vilaronte coa obra Non casei con todos e o mércores, 6 coa obra O malquerer do Grupo O Bordelo.
Todas as actuacións son ás 22:00h. no salón de actos da casa da cultura de O Valaoduro e con entrada de balde.
O teatro na semana previa ás festas é unha cita moi importante na actividade cultural do concello pero hai máis citas teatrais, sen ir máis lonxe o 16 de setembro ás 20:30 horas dentro do programa Buxiganga onde o grupo de teatro O Centiño vai interpretar a sua ultima obra Amorodios.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



